Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Fotos ría de Ribadeo

  • Foto e teatro

    A foto, a descoberta de que a marea está a baixar, na Ponte dos Santos, ría de Ribadeo. O teatro… A mostra continuou o sábado co grupo ‘Conxunto baldeiro’, cunha obra de Manuel María, ‘A lúa vai encoberta’, que me deixou ganas de ler a obra porque non creo que sexa tan mala como para…

  • Ribadeo, pecunia non olet

    Hoxe entereime da orixe do dito ‘os cartos non cheiran’. Parece que a cousa naceu en Roma, cando o Emperador Domiciano, para sacar cartos para o erario público, decideu cobrar por uso dos servizos públicos que había en Roma; eso fixo protestar entre outros, ó seu fillo Tiro, e para convencelo, deulle a ulir unha…

  • Máis historias, de Ribadeo ó Universo

    Algunhas cidades anunciábanse (aínda se anuncian) con cousas como ‘ver Madrid e morrer’ ou ‘de Barcelona ó ceo’. Con Ribadeo pode pasar o mesmo, pero cada vez máis polo que se lee nos periódicos e menos pola realidade. O certo é que non sei por ónde comezar polo ‘traballo’ que teño acumulado. Por calquera sitio:…

  • Música, educación (segue…)

        O tema da educación é demasiado amplo como para non voltar sobre el de xeito asiduo, e máis se se lle une a tra(n)sgresión ou a relación coa sociedade.     Quedou onte o dicir de comezo algo xa manido: a música pode calmar. E Bach, a música barroca, de xeito particular; tanto, que ata…

  • Citas e fotos; ó fondo, Ribadeo.

        Comecemos polas fotos. A primeira, unha clásica: a saída da ría, máis ben a illa Pancha co faro e a casa. Para calquera que ande por Ribadeo, sobra comentario. A segunda, tamén clásica, pero noutro sentido: na rúa ‘Viejo Pancho’, un caserón antigo que agora tamén se pode calificar de vello (non ‘bello’), debido…

  • O estado non debe ser feudo dos que gañan

    Con esta cita de Aníbal Cavaco Silva, que remata de gañar as eleccións de Portugal, sácome unha espiña: a que me cravou o actual alcalde ribadense cando diante de máis de 300 persoas nun acto sobre as bondades e maldades da piscifactoría meirenga dixo que tiña que render contas ós catro anos. Coido que, a…

  • Por encargo

    Para a entrada de hoxe recibín un encargo, e en parte acepteino por eso vai ser unha entrada especial. O encargo era relacionado coa nova que apareceu onte da crítica do presi de Intel (a empresa de máis volume de ventas en procesadores informáticos) que o o ordenador chamado ‘dos 100 dólares’ é (pouco máis…

  • A nova en Ribadeo

    A nova de onte en Ribadeo non se soubo en xeral ate hoxe: Acuinor volve a obrar en Meirengos. Mentres, desvélase que para os 12 empregos ofertados na primeira fase (+8 na segunda, xa veremos en que queda todo), hai abondo máis de 100 persoas que os pretenden. De aí ven a forza que se…

  • Minitesón

    Coido que a algúns gustaríalles que o tesón, os tesóns da ría, foran do tamaño do que se ve na foto, o tesón de Mirasol a piques de desaparecer pola suba da marea. O caso é que os temas se me van acumulando sen tempo para poñer moito novo, e é que en Ribadeo prodúcense…

  • Un novo edificio, un novo descuido de mantemento

    Xa está aberta a baixada do novo edificio de portos na dársena deportiva. A parte da baixada, ofrece a súa terraza (en realidade, as súas terrazas) para disfrute dunha boa vista, case tan boa como a que se tiña antes dende o chamado mirador de Calvo Sotelo. Non me gusto moito o edificio en si,…