Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.566 posts
44 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: filosofía

  • Un de cada cinco galegos será tamén galego

    Un de cada cinco galegos será tamén galego     Hai poucos días, unha nova de prensa titulaba ‘Uno de cada cinco gallegos será extranjero’. Coido que, aínda entendendo o que pretende informar, é un titular nefasto, por varias razóns. A primeira, pola mera contradición na construción da frase: se es estranxeiro (é dicir, doutro país),…

  • Moito lle queda por aprender á intelixencia artificial

    Moito lle queda por aprender á intelixencia artificial     Por sorte para nós!     A chamada intelixencia artificial, IA (ou AI en inglés, pero non hai problema, ‘ela’ tamén pode expresarse e entender en galego) é o efecto que nos produce un conxunto de programas informáticos que manexan algoritmos avanzados e grandes bases…

  • Unha análise de título e subtítulo

    Unha análise de título e subtítulo     Cando isto escribo, faltan menos de seis días para que rematen as votacións ao Parlamento Europeo, ‘as europeas’. Pese á escasa atención que se lle está adicando en relación a outras eleccións, aparecen varios titulares que tratan o tema, día tras outro, nos diversos xornais. E, mesmo a…

  • Sen espazos comúns non hai comunidade

    Sen espazos comúns non hai comunidade

    Sen espazos comúns non hai comunidade     Sen espazos comúns non hai comunidade, sen comunidade non hai sociedade, e sen sociedade non hai persoas.     Comezando polo final, as persoas constituímos a sociedade, pero é precisamente o estar inmersos na sociedade, esa constitución social, a que nos fai persoas. Os raros casos como os de…

  • A fábrica da indiferencia (e pasotismo)

    A fábrica da indiferencia (e pasotismo)

    A fábrica da indiferenza (e pasotismo) Imaxe de F. Falistoco, CCBYSA4.0     Permitídeme que non fale de nada actual, e sen embargo, máis de hoxe que as novas ‘frescas’.     Afeitos a escoitar ‘por riba de’ outras voces, novas, cousas, o que rematamos a facer é atarefarnos en oír máis que en escoitar e…

  • Eloxio, crítica e límites da tecnoloxía

    Eloxio, crítica e límites da tecnoloxía

    Ferramenta de pedra. Foto no D.P. collida de Wikimedia Commons. Eloxio, crítica e límites da tecnoloxía     Centos de mísiles e proxectís diversos sobre o ceo de Israel, neutralizados case todos. E os poucos que non, sen causar danos graves como consecuencia do seu impacto, literalmente ‘deixados chegar a destino para non gastar cartos por…

  • Non, non é a miña cultura

    Non, non é a miña cultura

         Tomo nota dunha campaña de ILP (Iniciativa Lexislativa Popular) para que a tauromaquia non teña o privilexio de ser considerada patrimonio cultural. A cousa aínda está nos comezos, pero xa coa ILP acptada.     Na web https://www.noesmicultura.org/es está o xerme das futuras actuacións para que a cousa siga adiante. Polo momento, aínda que como…

  • Mira ti por onde… o día do home

    Mira ti por onde… o día do home

    Captura de pantalla da páxina web https://internationalmensday.com/30-great-men-women-quotes/ Mira ti por onde… o día do home     Sabido é a facilidade de distorsión, mentira e atracción sobre determinados temas, desenfocando e esquecendo outros, que teñen algúns políticos, entre outras persoas. É evidente que non hai tempo como para ir refutando todas as barrabasadas (‘cualificativo xenérico’) que…

  • Homenaxe a Cataluña. Ler o xornal como exercicio mental

    Homenaxe a Cataluña. Ler o xornal como exercicio mental     Non hai tanto tempo aínda que lin ‘Homenaje a Cataluña‘ (é dicir, a tradución castelá da obra de G. Orwell). A verdade, pensei que ía ser outra cousa, pero aínda así, gustoume ó tempo que me deu unha visión que non tiña sobre o ambiente…

  • 68 máis un día

     68 máis un día     Onte (un día anterior calquera, se o les noutro diferente ó de hoxe no que estou a escribir) unha amiga cumpriu 68 anos. É dicir, hoxe cumpre 68 anos e un día.     Dito así, parece a duración dunha condena, con ese ‘máis un día’ como anexo imposto de xeito…