Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.313 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Xosé Carlos Rodríguez Rañón

  • ILUSTRACIÓN FRANCESA. Xosé Carlos Rodríguez Rañón

    ILUSTRACIÓN FRANCESA Xosé Carlos Rodríguez Rañón Non me refiro á enciclopedística e revolucionaria do século XVIII, mais á actual da banda deseñada na que Francia (xunto con Bélxica e Xapón, por exemplo) é unha potencia mundial. Que llo digan se non á parella de ilustradores (afincados en Vigo) formada polo madrileño Víctor L. Pinel e…

  • VAIA CIRIO! Xosé Carlos Rodríguez Rañón

    VAIA CIRIO! Xosé Carlos Rodríguez Rañón No medio das céntricas “Cinco Calles” compostelás (por certo, o mesmo número que as bilbaínas e unha máis que as de Ribadeo) da zona histórica, atópase a cerería do mesmo nome, inaugurada en 1940 en plena auxe do catolicismo patriótico da posguerra e a única xa da cidade, ademais…

  • ORDENADOR RAPEIRO. Xosé Carlos Rodríguez Rañón

    ORDENADOR RAPEIRO Xosé Carlos Rodríguez Rañón Con el rapeará en directo o cantante madrileño Bnet, desafiando así a intelixencia artificial, creada neste caso por un equipo de especialistas galegos afincados en Navarra e formado por directores de cinema, de fotografía e por artistas en 3D. Algúns dos seus membros (que xa contan tamén co seu…

  • “ME HAS ROBADO EL CORAZÓN”. Xosé Carlos Rodríguez Rañón

    “ME HAS ROBADO EL CORAZÓN” Xosé Carlos Rodríguez Rañón Así se titula o novo filme protagonizado por Óscar Casas e producido pola compostelá Ficción Producciones cuxa rodaxe tivo lugar en varios puntos da Galiza durante o mes de febreiro, entre eles, Verín e Santiago. No elenco atópanse tamén actores como Antonio Pagudo (Javi na serie…

  • HABEMUS MUSEUM. Xosé Carlos Rodríguez Rañón

    HABEMUS MUSEUM Xosé Carlos Rodríguez Rañón Aínda que semelle incríbel, Ferrol (Ferroliño, como o chaman agarimosamente os seus habitantes) non posúe un museo de seu. É a única cidade galega con esta eiva. A partir de agora, unha asociación creada “ad hoc” (presidida por Nona Inés Vilariño, colaboradora de Adolfo Suárez durante a Transición, deputada…

  • ESPAZO DE CINE. Xosé Carlos Rodríguez Rañón

    ESPAZO DE CINE Xosé Carlos Rodríguez Rañón O histórico edificio en cuxo baixo estaba o emblemático cinema Avenida (situado nos Cantóns coruñeses) reabriu o pasado mes de marzo despois dunha longa tempada de reformas. Eu xa case non o lembro aberto como sala de proxeccións, mais o que si lembro é o seu progresivo deterioro,…

  • ACCESORIOS GALEGOS. Xosé Carlos Rodríguez Rañón

    ACCESORIOS GALEGOS. Xosé Carlos Rodríguez Rañón

    ACCESORIOS GALEGOS Xosé Carlos Rodríguez Rañón Nada galego é accesorio e todo o galego debería ser máis accesíbel. Esa é, a grandes trazos, a filosofía persoal, empresarial e artística da arousá Ana Miguéns, creadora duns complementos ben orixinais inspirados en diferentes manifestacións da cultura galega tradicional. As súas pezas xa foron lucidas por varias actrices…

  • MUSAS DRAG. Xosé Carlos Rodríguez Rañón

    MUSAS DRAG. Xosé Carlos Rodríguez Rañón

    MUSAS DRAG Xosé Carlos Rodríguez Rañón Da escuridade e marxinalidade de antano, á luz e á alta sociedade de hogano, solicitando cachés de verdadeiras estrelas da música, do cinema, da televisión ou de internet. Son as novas musas do transformismo e do pop máis kitsch, con milleiros de seareiros polo mundo enteiro e vestidas polos…

  • INFIEIS ON LINE. Xosé carlos Rodríguez Rañón

    INFIEIS ON LINE. Xosé carlos Rodríguez Rañón

    INFIEIS ON LINE Xosé Carlos Rodríguez Rañón Coas redes sociais, as infidelidades teñen unha morea de posibilidades máis, sen necesidade, tan sequera, de contacto carnal. Mesmo o concepto de infidelidade mudou. Implica ver pornografía, facer as beiras en Instagram, seguir a alguén nalgunha app, enviar fotos, audios ou vídeos suxestivos ou darlle a quen os…

  • NON SON SÓ UN XOGO. Xosé Carlos Rodríguez Rañón

    NON SON SÓ UN XOGO. Xosé Carlos Rodríguez Rañón

    NON SON SÓ UN XOGO Xosé Carlos Rodríguez Rañón Os xoguetes son moito máis ca iso, tanto para produtores, deseñadores, exportadores, importadores, transportistas e vendedores como para crianzas e proxenitores. Polo visto, segundo unha recente enquisa, só o 10% das familias teñen na súa casa xoguetes inclusivos. Na meirande parte dos casos, os que hai…