Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • O futuro

    Leo “un español gasta más en cerveza que en internet, y nuestro país dedica más dinero a lotería y otros juegos de azar que a I+D”. O artigo titulábase (xa é vello) ‘Cambio de escenario’, e escrito por Arturo Ruibal simplemente explica (que non pronostica) a caída de competitividade de España e o seu endebedamento.…

  • Un nome para a ría de Ribadeo: ría de Ribadeo

    Este fin de semana pidemos disfrutar na Comarca de dous artigos dirixidos a fixar o nome da ría. Xa vai algún tempo que outros foron publicados, nese medio e noutros, en idéntico sentido, e uns máis amplios, outros máis reducidos, os argumentos que presentan son válidos e ben apoiados. Hai algún tempo tamén eu fixen…

  • Unha queixa e un exercicio de estilo

    Comezo a escribir cando os bares aínda están cerrados na zona pero os borrachos continúan a subir: son fáciles de distinguir. Primeiro, a queixa: trátase de urbanismo, pois ontes queixáronseme de que a casa que aparece na foto vai ser botada abaixo por unha nova rúa no PXOM. Eu, nin idea, e menos co plan…

  • Unha fonte de auga viva

    Día limpo,prometedor, así se ve hoxe dende a primeira hora da mañá. Por eso a foto dunha fonte que pode dar outra cor á entrada de Ribadeo, aínda que polo momento alomenos eu non lla vexa. Taén unha boa sensación ontes, ó pasar diante dun arbusto. así queda reflexado na foto, luminoso e primaveral. As…

  • Construción, ónde vas?

    Non entendo moi ben que pasou o outro día na xunta de goberno do concello. Pero si que as augas están revoltas, coa denegación da xa case célebre urbanización de sete casas en Santalla e a imposición (parece) dunha multa de 18000 € a un constructor, que non teño claro o por que. En cambio,…

  • Promoción do casco vello

    Chamame a atención que ninguén se preocupara aínda dos comercios do casco vello. Resulta que hai unha promoción dos pub e non dos comercios. E aquí hai dende boutiques de roupa a roupa de tipo deportivo, de panaderías a pastelerías, De tendas de decoración a outras de persianas, informática, artigos para pesca, perruquerías, … nembargantes…

  • Unha nota

    Suprimín a entrada anterior de hoxe porque parece que daba lugar a confusión. Perdón se algún se alarmou de que me pasara algo. Parece que teño que redactar mellor. Ó mellor sería cousa de que deixara o blog durante algún tempo.

  • 1º de maio

    Día de festa no traballo. O pobo amanece calmo, despois dunha noite que non o foi tanto, pero sen chegar, nin moito menos, á do día anterior. Pouco a pouco iránse enchendo as rúas, e a medio día de seguro aparecerán populosas. Algo semellante ocorrerá en toda España. Nas cidades máis grandes, manifestacións sindicais. Nembargantes,…

  • O turismo de ruído e alcohol non aparece na lista.

    A pasada semana foi de celebracións e declaracións en Ribadeo. Nembargantes coido que os concellos estaban esperando secretamente para un estudo sobre o turismo na zona lles axudar a potenciar económicamente ós seus municipios. As conclusións feitas públicas polo Conselleiro de industria son abondo craras. sinálanse no sondeo, segundo a prensa, que o desenvolvemento turístico…

  • No seu debe, o seu baixo asociacionismo

    A nova non é tan nova, pero sae de novo de cando en vez. A última, na prensa do mércores, na que, por exemplo, na p. 30 de El País, saía esa afirmación que puxen como título como reverso do que chaman ‘capital social’ en España: temos un déficit grave de asociacionismo, déficit de eso…