-
Despois de suspensos, suspendidos
Non me estou a referir a selectividade, senón á piscifactoría de Meirengos, alias de Rinlo. Aínda que as dúas vebas básicas do título teñen o mesmo significado, o de suspensos vai polo que xa había, a presunción datada de que as cousas nonse estaban a facer ben. O de suspendidos, porque entrou en vigor a…
-
Só unhas palabras que non parecen sobre Ribadeo …
-
Probas
Téñome referido xa algunha vez a que os exames de selectividade son algo así como as probas de madurez das sociedades tribais, nas que se fai pasar á xente nova por probas que intentan amosar que están preparados para a vida adulta, coas responsabilidades que eso conleva en cada lugar e tempo. Tamén nesas sociedades…
-
Unha desgrazada casualidade en Ribadeo
Onte houbo un accidente en Ribadeo, con feridos, na estrada. É unha casualidade que puido ser desgraza, pois o choque foi frontal, pero conformouse por esta volta con ser cousa de feridos. Os dous vehículos estaban ocupados por xente da Costa do Sol, nun momento no que se discute que veñen promotores de aló comprar…
-
Fotos de Ribadeo (as que quedaban da entrada anterior)
-
Ribadeo, novas e obras
Hai varios días recibín un par de novas que non puiden comprobar: A primeira, que a zona do xardín (‘xardín de Sela’), ó convertírese en parque de indianos, vai a perder a arboreda, cambiada por novos árbores, e sobre todo, que está previsto cambiar o seto para trocalo por … nada. A razón sería que…
-
Rolda de prensa de Adega en Ribadeo. Segunda de hoxe
Unha cousa curta para dar nova da nota de prensa mantida esta mañá en Ribadeo por Adega. Tratábase de dicir que tanto a piscifactoría de Meirengos (Acuinor / A. Cascos) como a de Pescanova en Piñeira non son só inconvintes para a zona, senón tamén consideradas ilegais, e sobre todo, que Adega continuará loitando sen…
-
Ribadeo 2006. Promesas incumpridas ou direitamente mentiras?
Coido que hai que distinguir. Unha promesa fáise e tenta de cumprirse. Unha mentira é algo que se di consciente (quen teña dificultades de comprensión, ten un diccionario en liña (o Galizionario colaborativo, irmán da Galipedia), e máis, como o dicionario da CRTVG ou outros aínda…). Onte, na prensa, no interior dunha nova onde se…
-
Para os inimigos a lei, para os amigos o favor
-
Ribadeo, terra de insultos
Nun pequeno oasis sobre a denominación da ría de Ribadeo parece que hai xente empeñada en buscar, cos seus actos, un novo nome á terra de Ribadeo: terra de insultos. Hoxe aparece nos diarios cómo, o mesmo día que se reúne a xunta de seguridade, o alcalde chama chorizo (‘suposto’) ó xefe da oposición. Edificante.…
