Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.424 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Os vínculos culturais Galicia-Uruguay

    Onte foi a presentación do libro de actas do congreso celebrado entre Vilanova de Lourenzá e Ribadeo hai xa tres anos para afondar nos vínculos entre Galicia e o Uruguai, en particular a traverso das figuras de José Mª Alonso de Trelles y Jarén, o ‘Viejo Pancho‘ (na wikipedia en español, abondo máis extenso), e…

  • Publicado o libro da Seman Santa 2006 en Ribadeo

    Deixo a ligazón a este libro, xa vello, en Publicado en Ribadeo. Nota posterior: Por necesidade, estase a cambiar o lugar de ‘publicado en Ribadeo’. Irase poñendo nota do material e o novo lugar de publicación en http://ribadeando.blogspot.com.es/search/label/publicado%20en%20Ribadeo

  • Un transporte especial

    Chegou o transformador ó porto. Xa hai un par de días que leva cargado. Non obstante, non se movera onte pola tarde dalí. Nunha conversa casual pillada ó paso pareceume entender que se tiveran problemas na desestiba, pero, tivérannos ou non, o caso é que se puido ver (quizáis aínda se pode) no porto un…

  • Rematou un agosto caluroso en Ribadeo

    Rematouagosto, un bo agosto en canto a tempo e sol, tildado quizáis de demaisado caluroso. Á beira deixo os rexistros das temperaturas medias diarias (é dicir, tomando día e noite, cada 10 minutos a temperatura) da estación automática da Pedro Murias durante todos os agostos do século XXI, onde se ve que a temperatura media…

  • só unha cita sobre ruído

    A hipocresía do ruído, do sonido e da música en Ribadeo.

  • Os cocos tamén emigraron

    (publicado no libro ‘Os cocos de Ribadeo‘) Os cocos tamén emigraron De onde veñen os cocos? Os bonecos non teñen un nacemento como as persoas, pero si naceron nalgún lugar, da imaxinación das persoas. Se nos fiamos da Gran Enciclopedia Galega, Coco só sería a referencia dun monte na serra do Candán, en Pontevedra, e…

  • Educación, si

    Este fin de agosto presenta novidades educativas. Son informais, e pode que por iso mesmo esteñan en condicións de ofrecer un maior rendemento en actuacións de curto recorrido, ó sentirse máis vividas que aprendidas, sen necesitar doutra estrutura amplia que lles dea acubillo. Unha delas é a que protagoniza ‘Máis talento, menos cemento‘, grupo novo…

  • Comeza a semana (de comezo) das festas en Ribadeo

    O sábado, segundo di o programa, e descontando o San Roque (incluído no programa que se repartiu para este fin de semana), comezan as festas da patroa. O sábado 4, pregón por Ángel de la Cruz. Domingo 5, Cocos a mediodía e pola tarde, atraccións para os nenos. Pola noite, o Mago Antón. Luns 6,…

  • Os Cocos, pasado e proxección de futuro.

    O 16 de agosto de 2010 non foi un día calquera en Ribadeo. Houbo festa e saíron os Cocos, pero a festa sentiuse tamén doutro xeito máis profundo, nun lugar menos festeiro que San Roque, na oficina de turismo. Foi o día de presentación do libro ‘Os Cocos de Ribadeo’, festa esperada con motivo da…

  • Ribadeo era unha feira

    Antes de pasar a ‘Ribadeo era unha festa’, a 11 días da patroa, e co parque xa ocupado dende hai días por algunhas atraccións festeiras madrugadoras, obsérvase polas rúas do pobo aunha pequena diferencia con outros fins de semana: a feira de stocks. É un dos xeitos do comercio de Ribadeo de innovar na venda,…