Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.486 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Home

    Home, isto non trata de Ribadeo. Alomenos, non só. Home, unha verba que designa unha parte da humanidade, ou mesmo a humanidade enteira. Unha verba galega, verdade? Pode servir como moitas outras para testar a forza dunha lingua, mesmo a imposición dun idioma, … Zara Home. A primeira vez que vin as dúas verbas xuntas,…

  • Esperanza?

    O “normal” é que internamente a unha asociación se impoña o que dice o ‘xefe’ (teña o título que teña dentro dela) da mesma. En certo xeito, por iso é o xefe. Por iso, o que pasou onte en Madrid, o ganar o membro opositor dentro do PSOE madrileño Tomás Gómez á postulada polos mandamáis…

  • De incendios e incendios

    Onte, vento forte, e conato de incendio, un máis, a carón da estrada da Veiga. A intencionalidade dase por segura. O chegar ata o fondo e buscar culpabilidades, iso xa é diferente e ten outra probabilidade. O caso, o de sempre: mentras que hai xente que tenta solucionar cousas, outra tenta que os temas comúns…

  • Sobre a Mesa de asociacións de Ribadeo

    Hai xa tres semanas que a Mesa de asociacións de Ribadeo, e dez días que foi presentado ó alcalde un escrito co texto seguinte: “… xa hai dous anos a Mesa de asociacións fixo chegar ó sr. alcalde unha proposta de Regulamento de Participación Veciñal, Que non se recibiu contestación algunha da mesma, Que a…

  • Algunha reacción á folga de onte en Ribadeo

    Vexo a nota de prensa do concello dicindo que o alcalde descontou o seu soldo, pero foi a traballar onte. O mercadonon se celebrou (houbo un posto), pero o comercio abriu con poucas excepcións. Pasou algún piquete e, naquel momento, algúns máis cerraron. Parece que non se produxeron incidentes, aínda que foi un día raro…

  • A quen beneficia o fracaso dunha folga?

    Antes de mirar ningún medio informativo sobre a xornada de onte, a reflexión do título. Para min, a resposta está crara e foi un motivo de folga: a quen non lle afecta por non vivir dun salario. A quenes si lles afecta, a parte da presión que se pode conseguir, pódeselles aplicar a frase de…

  • Volta á situación normal?

    Rematando o mes de volta da tregua veraniega, o perfil das novas en Ribadeo segue en pendente. Hai preparativos para a folga, pero tamén comezan de xeito continuado os reproches oficiais, sexa por non ter o Xulgado ou polo estado da estrada. Era de esperar que, co gradual enfrontamento previo ás eleccións, comezaran a xurdir…

  • O día 29 non se edita o blog

    Só un aviso para dicir que non haberá entrada algunha o día 29. O día da folga xeral este blog sumarase a ela. Coido que as causas da folga están craras, polo que non ven a conto profundizar máis nelas. En canto a outras cousas relativas, como a bondade dos sindicatos, ou o facer folga…

  • Despois de 17 anos

       A semana pasada apareceu na prensa a nova dun escrito relacionado co ruido en Ribadeo, que pode dicirse que xa foi contestado por once veciños de xeito anónimo e polo alcalde.    Despois de 17 anos de aguantar ruído nocturno e ter acumulado unha morea de información e denuncias realizadas, ter sufrido artimañas diversas,…

  • Que tería pasado en Ribadeo con 17 concelleiros?

    A conta da variación no padrón municipal, especúlase cunha certa posibilidade de que Ribadeo pase dos 10 000 habitantes de cara ás próximas eleccións. Iso podería cambiar algunhas cousas, din, baseándose no aumento de concelleiros que iso supoñería: o concello pasaría de ter 13 concelleiros a 17. Collo os datos do blog deixados nunha táboa…