Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.573 posts
46 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Os cambios nos tempos

    Onte mesmo pasaba polas miñas mans unha vella nota de prensa (ano 2006, a comezos, ou 2005, finais, non lembro ben) na que os promotores ribadenses, por medio do seu representante no momento, pedían que non se suspenderan os permisos de construcción polos graves danos que causaría á construcción e a Ribadeo en xeral. Dende…

  • Sorrí, que veñen as eleccións

    Collo un titular quente, de hoxe mesmo: “El PSOE de Ribadeo anuncia que Fomento mejorará el tramo con más accidentes de A Mariña“. Entre el e o contido interior da nova pódese sacar un auténtico manual de instruccións preelectoral para os partidos que teñen algún tipo de poder ‘externo’, é dicir, fóra do ámbito de…

  • Nota de prensa de O Tesón: Ciclo de charlas ‘Ribadeo e …’

    A AVV O Tesón de Ribadeo, continuando na liña de anteriores actividades culturais relacionadas con Ribadeo, comunica que ten programado para o presente mes de outubro o primeiro ciclo de charlas ‘Ribadeo e …’ As charlas previstas para este primeiro ciclo, que terán lugar os días reseñados ás 20:30 en colaboración coa Casa das Letras…

  • Home

    Home, isto non trata de Ribadeo. Alomenos, non só. Home, unha verba que designa unha parte da humanidade, ou mesmo a humanidade enteira. Unha verba galega, verdade? Pode servir como moitas outras para testar a forza dunha lingua, mesmo a imposición dun idioma, … Zara Home. A primeira vez que vin as dúas verbas xuntas,…

  • Esperanza?

    O “normal” é que internamente a unha asociación se impoña o que dice o ‘xefe’ (teña o título que teña dentro dela) da mesma. En certo xeito, por iso é o xefe. Por iso, o que pasou onte en Madrid, o ganar o membro opositor dentro do PSOE madrileño Tomás Gómez á postulada polos mandamáis…

  • De incendios e incendios

    Onte, vento forte, e conato de incendio, un máis, a carón da estrada da Veiga. A intencionalidade dase por segura. O chegar ata o fondo e buscar culpabilidades, iso xa é diferente e ten outra probabilidade. O caso, o de sempre: mentras que hai xente que tenta solucionar cousas, outra tenta que os temas comúns…

  • Sobre a Mesa de asociacións de Ribadeo

    Hai xa tres semanas que a Mesa de asociacións de Ribadeo, e dez días que foi presentado ó alcalde un escrito co texto seguinte: “… xa hai dous anos a Mesa de asociacións fixo chegar ó sr. alcalde unha proposta de Regulamento de Participación Veciñal, Que non se recibiu contestación algunha da mesma, Que a…

  • Algunha reacción á folga de onte en Ribadeo

    Vexo a nota de prensa do concello dicindo que o alcalde descontou o seu soldo, pero foi a traballar onte. O mercadonon se celebrou (houbo un posto), pero o comercio abriu con poucas excepcións. Pasou algún piquete e, naquel momento, algúns máis cerraron. Parece que non se produxeron incidentes, aínda que foi un día raro…

  • A quen beneficia o fracaso dunha folga?

    Antes de mirar ningún medio informativo sobre a xornada de onte, a reflexión do título. Para min, a resposta está crara e foi un motivo de folga: a quen non lle afecta por non vivir dun salario. A quenes si lles afecta, a parte da presión que se pode conseguir, pódeselles aplicar a frase de…

  • Volta á situación normal?

    Rematando o mes de volta da tregua veraniega, o perfil das novas en Ribadeo segue en pendente. Hai preparativos para a folga, pero tamén comezan de xeito continuado os reproches oficiais, sexa por non ter o Xulgado ou polo estado da estrada. Era de esperar que, co gradual enfrontamento previo ás eleccións, comezaran a xurdir…