-
Unha suxerencia para a xente de vacacións
8:00 da mañá. Ceo despexado, temperatura suave, rúas con restos de choiva, ambiente agradable, con paxaron gorgullantes, pero sen xente. Así pode ser Ribadeo e era esta mañá. 8:15. As rúas comezan a ter inquilinos. Non só persoas, tamén coches, brancos, repartindo o pan, ou cor oliva, patrullando pola peonil. O limpacristais adianta o seu…
-
Entradas de auga esta semana
-
Unha viaxe animal
A semana santa, dende hai tempo, ven constituíndo un motivo de viaxes a/dende Ribadeo. Este ano, por mor da choiva, tamén algúns animais desprázanse para non quedar anegados na terra. É o caso da miñoca do vídeo. O vídeo non é moi claro, pero apréciase o movemento dos aneis e o lento avance do animal…
-
Dende Tovar, mirando ó pasado, interpretando o presente, vislumbrando o futuro
Pazo de Tovar, Vilanova de Lourenzá. Ver mapa más grande Antonte chegoume das mans dun amigo o libro ‘El Pazo de Tovar, espacios, perspectivas y tiempos‘, que foi presentado venres en Vilanova no marco dunha xornada sobre o Pazo de Tovar, en restauración dende hai algún tempo e que para o verán terá xa unha…
-
Ribadeo en Open street maps
-
Bicheando pola ría de Ribadeo
Hoxe só unhas verbas para referirme a unha entrada concreta nun blog ó que cheguei por varios apuntes no facebook. Trátase de ‘Bicheando pola ría de Ribadeo‘, do blog ‘Bichos e demais familia’, onde se poden observar algunhas especies da nosa fauna, complementando entradas do xa citado abondas veces ‘Ría de Ribadeo‘.
-
Vistas insólitas
O refrán en castelán ‘marzo ventoso y abril lluvioso sacan a mayo florido y hermoso’, coas chuvias e vento deste ano, lembráronme uns cantos frontes de casas ribadenses que adiantan a súa primavera particular. Deixo dúas fotos dunha casa que este ano ten o seu xardín colgante especialmente frondoso, e que, por estar en obras…
-
Paraugas de vidro
Quizáis fora boa idea facer os paraugas de vidro: veríase todo o noso arredor, sen cortapisas, illados e protexidos dunha choiva que ó tempo, admiramos e quereriamos que nos empapara protectora. Quizáis. Pero sabemos que, a parte de problemas técnicos, como a dobrez do vidro coas actuais formas de paraugas, por exemplo, o caso é…
-
De novo, todo para o pobo, din, pero sen o pobo (isto non)
Houbo pleno en Ribadeo. Foi o día de san Xosé, o martes 19. Nota do concello, o 20. Nos xornais aparece o 21 … Asistencia? Dos edís, (suponse) completa [Nota posterior: en realidade faltou algún por motivos profesioanis]. Da cidadanía, inexistente. Parece que se aprobaron cousas para mellorar a vida dos ribadenses. Sen eles, porque…
-
Ouro e vontade
O ouro cambia vontades. E a presión, tamén. Onte aparece no xornal o descobrimento dunha antiga mina de ouro no límite entre os concellos de Barreiros e Foz, que se está a tentar protexer mediante a correspondente petición a Patrimonio. A distancia semellante de Ribadeo, pola outra beira, tamén por unha mina de outro, esta…
