Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.575 posts
47 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Existe China? (ou a realidade alternativa)

    Onte, unha semana despois do atentado de Boston, con tres mortos, un diario nacional adicáballe dúas páxinas enteiras ó seguemento do tema. O mesmo día, no mesmo xornal, aparecía nunha páxina de internacional a metade dunha columna á beira dunha páxina dando conta dun terremoto en china de escala 7 no que terían morto abondo…

  • Ouro: Argumento de autoridade

       Dende hai unha tempada, as novas, vía relacións cos medios de Asturgold, veñen sinalando que un ecoloxista uniuse á compañía e está dando o seu respaldo ós proxectos, entre eles o da mina de ouro de Tapia, saíndo neste caso nos medios asturianos e galegos cada dous por tres ben publicitado. O último acto,…

  • Perdido entre outras novas

    Aparece hoxe que Anova pasa a ser un ‘partido partido’ este fin de semana despois de comezar cun só ordenador, nin sés nin liberados (por certo, este venres ás 8 hai unha ‘previa’ ribadense no Cantón), como exponente de novedade sociopolítica, pois o traslado de decisións do hospital da Costa ó HULA xa non o…

  • Charlando para defendernos

    O pasado fin de semana houbo unha charloa sobre as preferentes, organizada polo BNG. A consecuencia dela, o que resulta nos medios é unha confrontación entre a portavoz preferentista e o concelleiro de consumo. Non obstante, a charla ía para dar ós preferentistas unha apertura de miras que facilite a súa actuación de defensa. Mágoa.…

  • Non perdendo de vista a defensa do procomún

    O ‘Procomún‘, os bens comunais, moitas veces considéranse de propiedade tan difuninada que é equivalente a que non tiveran propietarios, cando os propietarios somos todos, a humanidade. Hai tempo que, para min, tiña o concepto de propiedade difusa ou lixeira, fronte á propiedade concentrada que representa a típica propiedade capitalista, con escritura e/ou título de…

  • As novas rúas de Ribadeo, nomeadas hoxe

    As novas rúas, en Openstreet maps.

  • Recibindo o 14 de abril en Ribadeo

    Xa comezado … E logo continuado. Letra e +.

  • Descoberto nun dragado o pasado ano un pecio na ría de Ribadeo do Século XVI de 32 m de eslora: Charla

    O título é o resume da charla de hoxe no C.N. de Ribadeo a cargo de Miguel San Claudio Santa Cruz, representante da empresa Archeonauta. O pecio non se sabe aínda cal pode ser (hai hipóteses, pero só iso), despois dunha escavación superficial de 20 días ó ser descuberto a partires de atorarse a pipa…

  • Sobre as obras na Torre dos Moreno

    Xa vira pouco a pouco a evolución das obras na xa maiormente vendida Torre dos Moreno. Onte, acompañando un amigo, tomei algunha foto: coido que para un edificio emblemático de Ribadeo que se vai reparando pouco a pouco, o ter unha constancia gráfica dos seus cambios é importante.  Da fronte do edificio xa hai fotos…

  • Ribadenses de antano

    Esta mañá escribín ‘nada novo baixo a choiva’ en Ribadeo. Esta tarde, Celia castro fíxome chegar un artigo novo: Ribadenses de antaño, presentado onte mesmo co conxunto da revista da que forma parte e que xa colguei en Publicado en Ribadeo. Trátase dun artigo feito a partir de pinturas de Dionisio Fierros que pon en…