Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.575 posts
47 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Nada novo baixo a choiva

    A choiva (chuvia da maioría) segue esta mañá, mentras baixo ela váise desenvolvendo o día que comeza sen novidades. Porque xa non é novidade nin o que expresa a sátira de Fontdevilla, ou que se saiba o que xa se intuía sobre as preferentes: que era sabido polas autoridades que non eran legais. En Ribadeo,…

  • Unha pequena homenaxe

    No blog, deixar un minuto de silencio non ten sentido, e unha páxina en branco pode que non se entenda. Morreu José Luis Sampedro,e súmome ás homenaxes que está recibindo deixando un par de ligazóns a dúas coleccións de citas súas. DEP. José Luis Sampedro en wikiquotes. José Luis Sampedro en El Diario.es.

  • Un ano máis, a feira da ciencia

    Un ano máis, xa estamos na primavera, e con ela, xa ten chegado a época da feira da ciencia de Ribadeo.  Dende 1995, ano tras ano vénse celebrando en Ribadeo unha exposición de ciencia feita por e para escolares, aínda que houbo anos que foi unha exposición de ensino e case sempre as visitas superaron…

  • Ribadeo nun pequeno lugar de Austria

    Dornbirn, en Austria, ten unha extensión como concello algo maior que Ribadeo, e unha poboación cousa de catro veces a de Ribadeo. Non ten mar e si montañas nevadas. Alí se celebrou onte unha do feixe de concentracións de #nonosvamosnosechan, cunha pequena representación, todos os emigrados españois de nova xeración do lugar. 10 persoas novas,…

  • Quizáis, nostalxia. Quizáis, só historia. Unha foto do ascensor da ribadense Torre dos Moreno.

    Remato de rescatar do arquivo unha foto do 2005 do ascensor da Torre dos Moreno, onde se ve o estado de conservación xa daquela do interior do edificio, con cascotes mesmo despois de ser reforzado.

  • Resemanita santa

    Vexo as fotos da semana santa infantil de Viveiro e lémbrame o antroido. Si, debe ser curioso ver os cativiños pequenos facendo de maiores, xogando a selo, nunha mistura de disfraz de antroido e arte sacro corrupto, convertido ó paganismo. Será porque non o entendo, pero diría que se a igrexa católica, esa estrutura temporal…

  • Disquisicións de mañá

    A estas horas da mañá, o vento zoando anuncia outro día desapacible, concordando non só coa negrura que se observa, e polo tanto, coas nubes que invisibilizan as estrelas, senón tamén co termómetro na zona fría e cos prognósticos feitos estes útlimos días e aventados nos medios. Frío, vento, choiva, acompañarán de novo o decorrer…

  • De chiquillada, nada

    Onte produciuse a imputación da infanta no caso Nóos. Hoxe aparece na prensa como nova de ribadeo a falsificación dun documento oficial dunha rapaza no CIFP (Centro Integrado de Formación Profesional). Os casos non parecen ter moito en común, pero teñen certos aspectos que serven de comparación. O primeiro, o impacto mediático. Está claro que…

  • O inmediato e o contínuo

    De sempre, hai unha loita entre o inmediato e o contínuo. A importanica de ambos balancea ora cara a un tipo, ora cara o outro. Recién rematada a semana santa (ou Semana Santa) quedan as noticias da choiva (como eu mesmo, onte), da ocupación hostaleira satisfactoria, da pegada importante das catedrais, e, como é costume…

  • O valor dunha gráfica: chove en Ribadeo

    Ás veces, din, unha imaxe é moito máis explícita que mil palabras. A gráfica de hoxe podería ser un exemplo. Coido que é abondo ilustrativa por si soa, pero por se acaso, representa a choiva caída ó longo do ano en cada ano dos que levamos do século. A liña máis grosa representa ó ano…