-
Perdido entre outras novas
Aparece hoxe que Anova pasa a ser un ‘partido partido’ este fin de semana despois de comezar cun só ordenador, nin sés nin liberados (por certo, este venres ás 8 hai unha ‘previa’ ribadense no Cantón), como exponente de novedade sociopolítica, pois o traslado de decisións do hospital da Costa ó HULA xa non o…
-
Charlando para defendernos
O pasado fin de semana houbo unha charloa sobre as preferentes, organizada polo BNG. A consecuencia dela, o que resulta nos medios é unha confrontación entre a portavoz preferentista e o concelleiro de consumo. Non obstante, a charla ía para dar ós preferentistas unha apertura de miras que facilite a súa actuación de defensa. Mágoa.…
-
Non perdendo de vista a defensa do procomún
O ‘Procomún‘, os bens comunais, moitas veces considéranse de propiedade tan difuninada que é equivalente a que non tiveran propietarios, cando os propietarios somos todos, a humanidade. Hai tempo que, para min, tiña o concepto de propiedade difusa ou lixeira, fronte á propiedade concentrada que representa a típica propiedade capitalista, con escritura e/ou título de…
-
As novas rúas de Ribadeo, nomeadas hoxe
As novas rúas, en Openstreet maps.
-
Recibindo o 14 de abril en Ribadeo
Xa comezado … E logo continuado. Letra e +.
-
Descoberto nun dragado o pasado ano un pecio na ría de Ribadeo do Século XVI de 32 m de eslora: Charla
O título é o resume da charla de hoxe no C.N. de Ribadeo a cargo de Miguel San Claudio Santa Cruz, representante da empresa Archeonauta. O pecio non se sabe aínda cal pode ser (hai hipóteses, pero só iso), despois dunha escavación superficial de 20 días ó ser descuberto a partires de atorarse a pipa…
-
Sobre as obras na Torre dos Moreno
Xa vira pouco a pouco a evolución das obras na xa maiormente vendida Torre dos Moreno. Onte, acompañando un amigo, tomei algunha foto: coido que para un edificio emblemático de Ribadeo que se vai reparando pouco a pouco, o ter unha constancia gráfica dos seus cambios é importante. Da fronte do edificio xa hai fotos…
-
Ribadenses de antano
Esta mañá escribín ‘nada novo baixo a choiva’ en Ribadeo. Esta tarde, Celia castro fíxome chegar un artigo novo: Ribadenses de antaño, presentado onte mesmo co conxunto da revista da que forma parte e que xa colguei en Publicado en Ribadeo. Trátase dun artigo feito a partir de pinturas de Dionisio Fierros que pon en…
-
Nada novo baixo a choiva
A choiva (chuvia da maioría) segue esta mañá, mentras baixo ela váise desenvolvendo o día que comeza sen novidades. Porque xa non é novidade nin o que expresa a sátira de Fontdevilla, ou que se saiba o que xa se intuía sobre as preferentes: que era sabido polas autoridades que non eran legais. En Ribadeo,…
-
Unha pequena homenaxe
No blog, deixar un minuto de silencio non ten sentido, e unha páxina en branco pode que non se entenda. Morreu José Luis Sampedro,e súmome ás homenaxes que está recibindo deixando un par de ligazóns a dúas coleccións de citas súas. DEP. José Luis Sampedro en wikiquotes. José Luis Sampedro en El Diario.es.
