-
Estrela Galicia vs Citroën
O partido é hoxe: emocionante. Dúas empresas afincadas en Galicia compiten de novo nun partido de fútbol. Que sexan de campos comerciais diferentes non importa: o caso é que saian moitas imaxes das camisetas pola tele. Para iso, teñen que estar preto do balón, e máis nas situacións máis emocionantes ou complicadas: as que esixen…
-
Reducións periódicas de prezo
Hoxe a nova é o Papa latinoamericano e xesuíta Francisco I, que me soa a rei francés e que se oe relacionado coa ditadura argentina. Pero sobre el non quero dicir máis (entre outras cousas, porque remato de enterarme de quen é) Recollo pois un tema ‘milagreiro’, o da evolución dos prezos dos combustibles. Sábese…
-
Análise política galega dende unha perspectiva de Ribadeo e o partido no goberno municipal
… O título é moi amplo para pouca cousa que quero dicir … Onte o xornal fíxose eco da postura do alcalde ribadense, Fernando Suárez, sobre a deriva independentista do BNG tras a última asamblea. Ó ver a nova, pasáronseme pola cabeza dúas cousas. A primeira, que en certo xeito, no interior do BNG están…
-
A ‘marca Ribadeo’
Esta tempada está de moda falar da marca España para confundir dúas cousas diferentes, como son a venda de España cara ó exterior e a estrutura de soporte de todo o sistema interior polos cidadáns. De calquera xeito, o tema da ‘marca país’ é algo no que se leva xa cavilado e discutido abondo outras…
-
Celebracións
O sábado estiven participando nos dez anos da Galipedia, que ademáis, estiveron acompañados da chegada ós 100 000 artigos. Foi un acto proveitoso para os asistentes (entendo que poucos para o que se celebraba), e para min algo máis (aquí, o borrador orientativo para a miña charla; os vídeos de todos, pronto estarán colgados). O…
-
Día D, hora H? (II)
Tentarei repartir, e adicar tamén unhas verbas a outra ‘hora H’: a do hospital da costa e a área sanitaria. Despois de estar falando onte cun amigo do tema, e razonando por diversas cuestións, en particular as verbas recentes do director do hospital e o tamaño e funcionamento do HULA, así como a sangría de…
-
Día D … hora H? (I)
Hoxe pensaba adicar a entrada á muller: en Ribadeo dáselles nome de muller ás rúas, actúan diversos grupos na súa honra, hai lectura de poemas á noite, … por poñer un exemplo, a máis de que xa de mañanciña levo visto varias citas de Rosalía ou Curros adicadas á muller entre alusións diversas en…
-
Se hoxe é día 7, isto é unha información atrasada
Onte o concello de Ribadeo publicou na súa web unha nota. Curiosamente, refírese a un pleno celebrado antes. Pleno que non foi anunciado pola mesma canle, sendo extraordinario e non recibindo, que eu saiba, ningún tipo de infrmación previa os veciños, e isto, despois de que hai pouco tempo o alcalde animara ós veciños a…
-
As novas rúas nomeadas en Ribadeo, en vista aérea
Amañando co sigpac …ó fío dos actos do día da muller. Manuela Barreiro, da EOI en diante Sor Pilar, Por tras do col. Sgdo. Corazón Meniñas da Saudade, entre a estrada de Vilaselán e Terragrande Pza. Oito de Marzo, tras do cine teatro, co subsolo en garaxe?
-
Actos do día internacional da muller. Copia do difundido a traverso da lista de correo de cultura do concello
O vindeiro venres conmemórase o 8 de marzo, “ Día Internacional das Mulleres” e nos gustaríanos contar coa túa presenza nesta data especial para as mulleres. Convidámoste a asisitir aos diferentes actos que terán lugar o propio 8 de marzo : Inauguración das rúas adicadas á mulleres significativas e a datas simbólicas: § …