Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.261 posts
28 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Unha visita “inesperada”

    Hoxe visitei Mondoñedo. Un paseiño de vagar polas súas rúas cargadas de historia sempre ven ben. Resulta que tiña tempo e vinme forzado a usar a vella N634. O motivo? O Fiouco, claro, estaba pechado ó tráfico. Gústanme os paseos por Mondoñedo, e desta, non me importou, mesmo agradecín a desviación. Outras veces é ben…

  • Axenda cultural 3º trimestre de 2015 en Ribadeo

    Deixo o aviso da nova axenda cultural, e poño a súa evocativa portada como ilustración:

  • A feira do libro Ribadeo 2015

    Como non, con controversia dende lonxe: que se Ribadeo se desmarcou da Xunta para celebrala, que se Xunta postergou a Ribadeo… A nota, xa de hai uns días no blog do concello, e o díptico coas actividades: Díptico de actividades, ampliable noutra fiestra premendo co botón dereito do rato. — A feira do libro Ribadeo…

  • A PRAIA DAS CATEDRAIS OU COMO DESTRUIR UN MONUMENTO, artigo de José Mª Rodríguez

    Cortopego do seu blog: “Quot capita, tot sententiae’, tantas opinións como cabezas. E esta miña é unha delas. O patrimonio natural mais importante de Ribadeo, a praia de Augas Santas, agora chamada das Catedrais, convertida nun grave problema. Xestores públicos con opinións encontradas e posturas opostas. A convivencia política entre as institucións, quebrantada. A paz…

  • Novas dende o Pazo de Ibáñez

    Esta mañá, ó levantarme, levo unha satisfacción. Remato de comprobar unha nova da que me deron conta conta oral onte, no medio doutra información. Por fin o pleno de hoxe aparece na web do concello con máis de 24 horas de antelación. Será polo cambio do concelleiro delegado correspondente ou polo que sexa, pero o…

  • A Residencia de maiores progresa de xeito adecuado

    … ata o momento, como se pode ver nas fotos seguintes: 20150624, dende a Avenida de América (antiga estrada) 2050625, dende o IES de Ribadeo Dionisio Gamallo 20150629, dende o IES Pronto as fotos de exterior non dirán nada novo. Estarán polo interior. E, un pouco máis aló, nin as fotos de interior servirán para…

  • De como nos venden a moto

    Resulta curiosa a evolución do tema de As Catedrais. Curioso non polas catedrais en si, que ó final resulta ser un tema lateral para a súa desgraza, senón polo tratamento dos políticos. Despois dun momento inicial onde o bando do alcalde arrasaba aínda poñéndose de manifesto as mala formas, e a Xunta parecía que replegaba…

  • Un galeón na ría de Ribadeo

    Aclaración: no fondo… Coido que pode considerarse esta entrada como continuación destas outras: “Descoberto nun dragado o pasado ano un pecio na ría de Ribadeo do Século XVI de 32 m de eslora: Charla“e “Investigación en Ribadeo: Galeón” Si, se se ve o vídeo, pode apuntarse a que ten algunha característica que fai un documento…

  • Testamento de Juan Moreno, dos irmáns Moreno, promotores da ribadense Torre dos Moreno

    Testamento de Juan Moreno, dos irmáns Moreno, promotores da ribadense Torre dos Moreno (contén transcrición ó final): http://issuu.com/agremon/docs/testamento_de_juan_moreno O final do testamento, coa sinatura

  • Tríptico de Semana Santa Ribadeo 2014

    En dúas caras, separadas: cara 1, http://issuu.com/agremon/docs/tr__ptico_semana_santa_ribadeo_2014 cara 2, http://issuu.com/agremon/docs/tr____ptico_semana_santa_ribadeo_20