Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.575 posts
47 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • O pobo e(n) festa

    **Artigo escrito para a revista da parroquia, verán 2015** Verán, máis luz, temperie máis agradable, máis alegría, festa! O pobo, a xente, o noso pobo, os pobos, énchense de festa. No caso de Ribadeo, a vila ten aumentado ás festas ditas relixiosas (por orde de achegamento á idea de Ribadeo, a patroa, San Roque, O…

  • Unha ría recurrida

    Unha boa foto aérea de Miguel ilustraba días pasados unha nova de trámite: casi 200 000 m2 na Lieira e 20 000 m2 na Fontela foron solicitados por Ostrastur para sementar ostras, actividade na que traballa con autorización provisional. A Consellería de Agrogandeiría e Recursos Autóctonos do Principado de Asturias somete a información pública o…

  • Máis sobre a débeda de Ribadeo

    Hai poucos días, unha entrada no blog, A débeda de Ribadeo, agúns datos, botáballe unha ollada a ese apartado das contas do concello que resultan tan pouco intelixibles, ou transparentes, ou … Hoxe atopo unha web con datos semellantes. A imaxe da conta deles: (http://cartodb.com/attributions?utm_source=Footer_Link&utm_medium=referral&utm_campaign=Embed_v1&utm_content=Attributions&utm_term=infografia-02-elpais) Segundo eses datos, a débeda do concello entre finais de…

  • A soldada dos alcaldes (artigo de José Mª Rodríguez Díaz)

    Collido de http://cargadoiro.blogcindario.com/2015/07/00428-a-soldada-dos-alcaldes.html: Non son afastados os tempos nos que os alcaldes – a economía expresiva inclúe o correspondente feminino deste masculino gramatical – exercían o seu cargo sen remuneración económica ningunha. Tempos, nos que a xestión da res pública municipal carecía da complexidade e das dificultades que hoxe lle son inherentes. Tempos, nos que…

  • Nova marca de temperatura

    Este verán, de media, fixo bo tempo pero tampouco ten sido excesivamente caloroso en Ribadeo. Mais hoxe, 20 de xullo, cuarto día no que a estación meteorolóxica de Pedro Murias pasa de 27 ºC (unha referencia que teño para un pequeno estudo comparativo interanual), o termómetro achegouse ós 30 ºC á unha da tarde UTC…

  • Plenos: transparencia, acceso á información…

    Na procura de detalles para unha entrada sobre soldos, decátome de algo curioso: as actas do último pleno publicado na web corresponden a un extraordinario urxente de hai 13 meses, feito para a redución dos xuros ó acollerse ós plans do estado. Se nos remitimos ós plenos ordinarios, son xa 14 meses os que van…

  • leite e tráfico, entre outras

    Onte mesmo desenvolveuse unha manifestación a nivel Galicia polos prezos da leita pagada ós gandeiros, a súa recollida e en xeral, os problemas do sector. Dous días antes era a DGT, Tráfico, quen anunciaba que reducía en Galicia as sés dos exames de conducir, quedando na nosa zona afectado Foz e todos os usuarios previstos…

  • publicación: 5 anos da Banda Municipal de Ribadeo

    Hoxe é o día do Carme. Sóese comezar algunha lembranza deste día felicitando ás Carmes. Que así sexa pois, felicidades! Ven a cousa a que esa festividade da lugar a unha festa en Tapia, e hoxe hai anos que a Banda Municipal de Ribadeo, ano 1996, foi chamada a Tapia de Casariego a musiquear a…

  • De Ribadeo a Grecia, pasando por Madrid

    Onte Votouse o rescate en Grecia. Tamén en Madrid, o rescate de Grecia será votado. Resulta curioso que se vote unha axuda relativamente pequena a Grecia para escenificar que nos debe cartos, que estamos todos implicados, que eses cartos son nosos, e que hai unha diferencia fundamental con Grecia: nós deixamos, eles piden; e así,…

  • visitando a web do concello

    Hoxe achégome á web do concello despois de ler o xornal. Nunha das súas páxinas, coa cabeceira ‘Rexistro de intereses‘ aparecen publicados os intereses dos concelleiros, segundo marca a lei. Polo momento están 14, faltando tres, pero non cabe dúbida de que aparecerán en breve. Xa o mandato pasado apareceran de xeito voluntario varios, e…