-
Nenos na escuma: festa!
Comezaron as celebracións. Despois do vintecinco anos de vivencias ribadenses glosados no pregón, a diversión. Os cativiños son quenes máis se mergullan nas actividades, como a que onte permitiu que as burbullas da escuma os envolveran, á beira do parque e do cantón. Son ‘os nosos nenos’, os nenos da nosa sociedade os que se…
-
Xordeira
Creo que as institucións -a grandes rasgos- son entidades que serven para administrar a sociedade. Como calquera outra cousa, para funcionar necesitan interacción: recibir información, procesala, actuar… En España, caso coñecido por estar nela, as institucións preséntanse moitas veces como autistas, pero diría que máis aínda como xordas: teñen dificultades co tratamento da realidade, pero…
-
Limpando o encoro de Vilamariz
-
Con Ribadeo na mirada
Vexo unha nova en praza.gal: ata 10 veciños poderán intervir nos plenos. Fixo falta que unha marea chegara ó concello para que sucedera, pero así é: aparece na web do concello coruñés. Poden presentarse no seu propio nome ou como representantes asociativos. En ribadeo levamos 10 anos que, a raíz dunha iniciativa de O Tesón,…
-
Choque entre os veciños de Vilaosende e o bispado
Esta tempada está sendo testemuña doutro desencontro da igrexa-xerarquía coa Igrexa-comunidade en terreos de Ribadeo, a conto dun aluguer dunha casa en Vilaosende. Neste contexto, onte chegou á miña man un escrito relacionado co tema que está a ser difundido, que copio e publico asemade neste foro que é o blog. “Outro mais. Os desencontros…
-
Catedrais, cupo, e…
Rematando xa o verán, o do cupo das catedrais vai moi manido. O sábado, que eu saiba e aínda que por pouco, non se acadou a cifra estipulada (non sei se entre hoteis, comercios e transporte non se pasaría, pero non na web). As paredes estaban limpas, sen as lembranzas turísticas que apareceron o ano…
-
Real Club Náutico de Ribadeo
RCNR, siglas xa algo usadas pero recén estreadas de xeito oficial, representan a denominación do club náutico ribadense, despois de tres anos de tramitacións e do si real. Non me choca o nome, máis ben porque non presto moita atención á ostentación á que se adhire, pero recoñezo nel posibilidades de chanza, que brindo. Unha…
-
O que eu debo, o que ti debes, máis o que el debe
Remato de ver nun xornal unha nova non destacada entre as outras: un representante popular, isto é, un cargo electo representando ó pobo en Madrid, declara deber 1,5 M€ ós bancos. Estamos ó final dun mandato (aínda que neste caso, creo lembrar que era un senador, co que estaría ó comezo da súa estadía na…
-
O centro galego de Ribadeo
A mediados de agosto xa está o froito maduro: as conversas na rúa apuntan claro a que os ribadenses somos minoría en Ribadeo dende hai un tempo. Non se trata de inmigración, senón dese outro tipo de migración que representa o turismo. Sábese (suponse) que é con expiración a data máis ou menos fixa, pero…
-
Ás Aceas… e máis aló
O ano pasado rematouse un paseo que comeza nas Aceas e logo da illa Pancha continúa pola costa cantábrica camiño de Barreiros, Foz… Polo momento, e ante a lonxanía de realización da ruta do ferrocarril dende Ribadeo á Pontenova/Vilaoudriz, o paseo das Aceas remata alí, na barra do muíño de mareas que se intúe na…
