Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.322 posts
30 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • O Viejo Pancho, na Galipedia. Unha ollada á nosa historia

    Remato de facer a adaptación da entrada sobre José Alonso de Trelles na Galipedia. Fixo que se lle farán moitos cambios e engadidos aínda, mais entendo que queda como artigo a destacar, seguinda a liña da dostaque que xa ten a entrada correspondente na wikipedida en castelán. Fixera tempo hai un primeiro esbozo, mais atendendo…

  • ESCUDO DA CAPELA DE SAN ROQUE. Francisco José Campos Dorado

    Está situado no lateral esquerdo da hermida de San Roque, mesmo o dobrar a esquina da fachada detrás dos Cocos situados á beira da praciña. É un escudo de armas español con punta, timbrado cun casco mirando a destra de fidalgo antigo, terzado e ensinando cinco griletas ou rexiñas surmontadas por un burlete. A ambos…

  • RESPOSTA DO CONCELLO AO VALEDOR DO POBO. COLECTIVO “POR NUESTRO FARO”

    Onte, o grupo ‘Por nuestro faro’ liberou outra nota de prensa comentando unha primeira resposta do Valedor do Pobo ó escrito enviado hai mes e medio. Non deixa de ser curioso que o proxecto se vendera por unha inversión moitas veces maior da que figura no proxecto aprobado. Aprobación que  se produce cando, que se…

  • 25X

    Hoxe é 25 de xullo. Día de Santiago, Patrón de España, din. Ou Día da Patria Galega, tamén. Día de celebración (non na China, non, aquí, e mesmo hoxe soou a serea de Gondán nas Figueiras ás 8 da mañá para dar sinal de comezo do traballo) A alguén que hai pouco me lembrou o…

  • Eduardo Gutiérrez

    Entérome hoxe polo xornal que onte foi o acto de nomeamento de Eduardo Gutiérrez como cronista oficial. Remato de facer a actualización correspondente na súa entrada da Galipedia. Quixera ter estado presente, mais non me enterei, polo que non podo dar outras referencias da harla da súa recepción ou de calquera outro punto do desenvolvemento…

  • #cortesdeluzRibadeo v. verán 2016

    O inverno pasado iniciei #cortesdeluzRibadeo en Facebook, Twitter, Cabozo… Comecei con algo como isto: “Por favor, cando haxa algún corte de luz en Ribadeo, poñede o hashtag #cortesdeluzRibadeo ó comezo e logo os datos de día, hora, duración aproximada, zona afectada, para ir creando unha base de datos á que recorrer para protestar, que haberá…

  • Ábrense os sentidos

    Un sol entrenubrado chega ó interior, misturado coa música do instrumentista da esquina, o son das gaivotas e o repaso das novas da mañá: mentras en España seguen a retirarse miles de millóns da ‘hucha das pensións’ despois de rebaixar os impostos ás empresas, darlle cartos ós bancos, roubar a mansalva, aumentar o número de…

  • Correntes mariñas vagueando

    Arredor de 1 minuto e 20 segundos despois de comezar o vídeo é cando se ve máis claro o movemento do mar na costa de Ribadeo. Neste vídeo de 11 meses condensados en 2 minutos, 2,75 días pasan en 1 s, vese claro que as correntes de superficie (representadas por liñas brancas de lonxitude proporcional…

  • Defensa, non polémica

    A illa Pancha estaba adormilada esta mañá entre un mar en calma e un fondo que, entre mar e nubes, aparecía roxizo como iluminado polo faro. Calma, paz, tranquilidade no medio da natureza e en illamento, algo que se transmitía ás poucas persoas que por alí había a esas horas. Onte polo solpor a luz…

  • NON ESTAMOS ENTRE BALOCOS. Francisco José Campos Dorado

    A ría de Ribadeo, recoñecida como tal, nunha das capas de Open Street Map ( Open Data Commons Open Database License (ODbL) da Fundación OpenStreetMap (OSMF) ) Fai só uns días vimos nas redes sociais, a noticia publicada o 27/05/2016 referida á resolución: “A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio de Galicia admitiu…