-
Visitantes por milleiros
Onte sábado a ‘heroican race‘ encheu Ribadeo. 1000 participantes, a grande maioría de fóra, que viñeron acompañados nun día de sol en plenas festas. Un día máis de cheo total na nosa vila, algo que se está a converter en normal boa parte do ano. E non só son anuncios triunfalistas das notas do concello,…
-
A illa Pancha, no Parlamento Europeo
Ben, a imaxe anterior é a parte fundamental da pregunta que hoxe mesmo, xoves 1 de setembro, Lidia Senra presentou no Parlamento Europeo. Podes seguir outra información do tema aquí. E poderás seguir tendo información sobre a illa Pancha no blog, na ligazón coa etiqueta ‘illa Pancha‘.
-
Venres, bici
Un venres mais. De principios do mes de setembro, e para festexar a fim do verán, facemos unha concentración-pitada de usuarios da bici, non só de ciclistas, que en forma de auto-convocatoria, nos concentrará no Cantón e á que queremos nesta ocasión invitar especialmente a todos os estudantes e pais a sumarse para ambientar un…
-
«Nunca criticariamos o cobro de viaxes e dietas se houbese logros e avances importantes»
O título é un subtítulo que sae hoxe nos papeis. E un indicador de mentalidade de acción política. Naturalmente, na nova de hoxe as palabras son atribuídas e hai cores políticas e actuacións concretas polo medio, nun lugar determinado, mais prefiro deixalo así: coido que é abondo máis explicativo. Viaxes, dietas… ou calquera outro emolumento…
-
ESCUDO DE RIBADEO (III) Francisco José Campos Dorado
Ven de Escudo de Ribadeo (II) — A foto 1 é do escudo de armas de Ribadeo da Casa do Concello no Pazo de Ibañez. A foto 2 é do escudo de armas de Ribadeo que estaba no monumento dos bous, hoxe retirado por cuestións lexislativas da Memoria Histórica. Estes escudos elípticos, son propios da…
-
Se é algo normal: un corte de luz
Onte os xornais traían a nova de que o día anterior, 15 000 mariñáns se quedaran sen luz. Como nova, como se fora algo que non ocorre en maior ou menor grao a diario. Co hashtag #cortesdeluzRibadeo, levo unha tempada tomando nota de ‘novas’ de cortes de luz en Ribadeo. É certo que polo momento…
-
Para comparar. Pasen e vexan
A comparación da perspectiva. O martes 23 colgaba un artigo, ‘Ante una lanza hecha añicos‘, de Covadonga Suárez, resposta a outro chamado ‘de opinión‘ (‘Al maestro armero’, ver comentario de Ramón García Reimundo na ligazón) que saíra o día anterior no El Progreso. Hoxe, sábado 27 por fin sae publicado no El Progreso. O de…
-
Automoción e Ribadeo: referencia mutua
Hai 25 anos que comezaron as actividades formativas externas de automoción en Ribadeo. Moito tempo leva pasado dende aquela, variacións, experiencia… ata chegar a na actualidade ó V Forum de Innovación e Formación sobre vehículos que organiza APAGA entre o 31 de agosto e o 2 de setembro no hotel O Cabazo. Onte foi a…
-
Dirixindo a atención
Quen estaría en desacordo en discutir un tema que domina, lle gusta e lle favorece? Xa o propuxo dende hai moito tempo Tsun-tzu na Arte da guerra: Escoller o campo de batalla é unha avantaxe grande para o desenrolo da mesma. No actual desenvolvemento dos gabinetes de prensa hai unha razón de propaganda como anuncio…
-
A volta a España, por Ribadeo
14:57:52, hora da primeira foto dos corredores, a cabeza de carreira pasando por diante do parador. As fotos pretenden ser unha pequena testemuña gráfica dun día chuvioso cunha pizca da historia deportiva de Ribadeo, o día no que os 164 corredores que saíron de Viveiro camiño para Lugo pasaron por Ribadeo no seu periplo na…
