Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.486 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Correntes mariñas vagueando

    Arredor de 1 minuto e 20 segundos despois de comezar o vídeo é cando se ve máis claro o movemento do mar na costa de Ribadeo. Neste vídeo de 11 meses condensados en 2 minutos, 2,75 días pasan en 1 s, vese claro que as correntes de superficie (representadas por liñas brancas de lonxitude proporcional…

  • Defensa, non polémica

    A illa Pancha estaba adormilada esta mañá entre un mar en calma e un fondo que, entre mar e nubes, aparecía roxizo como iluminado polo faro. Calma, paz, tranquilidade no medio da natureza e en illamento, algo que se transmitía ás poucas persoas que por alí había a esas horas. Onte polo solpor a luz…

  • NON ESTAMOS ENTRE BALOCOS. Francisco José Campos Dorado

    A ría de Ribadeo, recoñecida como tal, nunha das capas de Open Street Map ( Open Data Commons Open Database License (ODbL) da Fundación OpenStreetMap (OSMF) ) Fai só uns días vimos nas redes sociais, a noticia publicada o 27/05/2016 referida á resolución: “A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio de Galicia admitiu…

  • Mirando os números das Catedrais

    Segundo parece, as Catedrais segue funcionando como atractor. Onte 18, a Voz de Galicia apuntaba que máis de 32 000 persoas tiñan pasado xa pola area da zona ribadense no que transcorrera de mes, 17 días, o que fai perto de 1900 persoas diarias. Se ben dita cifra non é nin a metade da cota…

  • ESCUDO NA RÚA ANTONIO OTERO. Francisco José Campos Dorado

    escudo en Antonio Otero Escudo de armas español con data do ano de 1675. Está a medio andar a calle Antonio Otero, fronte a Travesía Fernando III O Santo que une coa praza dos Catro Caños, situado na fachada dunha magnífica casa onde aínda se conservan uns poucos metros de soportal con arcos, vestixio do…

  • Fala, pobo, fala

    Recollo o estribillo da canción das primeiras votacións cando viu a democracia para lembrar que a democracia non é só ‘falar’ cada certo tempo nas urnas, senón tamén actuar. Na defensa de dereitos, actitudes… da propia democracia e da sociedade e cada un dos seus membros. Anda estes días sobre a mesa o tema do…

  • Actualización sobre a illa Pancha

    As cousas están transcorrendo rápido estes días. Queda aquí só un recorte a modo de comunicación de hoxe, aínda que non sexa nada novo. “O substancial de este asunto é que o alcalde ven actuando de maneira partidista dende que este expediente entrou no concello, primeiro non anunciando o proxecto aos veciños, segundo disimulando o…

  • Se non sufriran ataques, non estaría a publicar isto

    Hai 32 fotos. Vai a metade, 16, agrupadas por soporte (4 soportes). Se as imaxes non foran maltratadas, case seguro que non lles daría difusión.

  • Sorpresa! (ou non?) … Na illa Pancha

    Sorpresa? Quizáis non tanta. Pode tentar converterse en calquera momento en presión cara ó concello para que permita a cafetería, ou ser desmentida como un erro de comprensión nun xesto bondadoso para ganxear amizades. En calquera caso, o anuncio do titular, que a illa Pancha será de acceso vip, coido debera significar máis dun xarro…

  • Publicado en Ribadeo: dous artigos de José Ramón Rodríguez-Sabugo Fernández

    Seguindo a liña de publicar escritos de autores relacionados con Ribadeo, hoxe ligo dous artigos de J.R. Sabugo, secretario do concello durante tantos anos, sobre a ‘cuestión catalana’: https://issuu.com/agremon/docs/sabugo._catalu__a_no_es_una_naci__n https://issuu.com/agremon/docs/sabugo._la_suspensi__n_de_una_auton a notar que faigo a publicación con gusto, mais non teño por que estar de acordo cos seus presupostos.