Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.486 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Mostra de teatro afeccionado Daniel Cortezón 2019 (XVII mostra)

    Comeza o mesmo día do X cabodano de Daniel Cortezón. Nota de prensa.

  • As obras do campo de fútbol

    Obras no campo de fútbol, onte. As obras do campo de fútbol xa van mediadas. Non sei se quedan lonxe os días da petición e a polémica (parece un deporte local) tras os sucesivos encharcamentos do Pepe Barrera. Quedan abaixo unha entrada e dúas notas de prensa con boa cara no camiño até hoxe, a…

  • O clima? Que clima? Nós!

    Fotos: G. Gómez O pasado 27 de setembro tivo lugar fronte ó concello de Ribadeo, ás 20 horas, unha concentración polo clima. Tempo ten pasado dende que a unha relixión se lle ocorreu meter nun libro, o da Xénese, aquelo de ‘esparcídevos e dominade a Terra’. Aínda faltaba para que Darwin explicara a supervivencia das…

  • Marco da Pena Verde. Emilio Piñeiroa Lozano

    MARCO DE PENA VERDE (MENHIR ou PEDRA FITA) Situación: Parroquia de Fórnea (Trabada) Estrada que comunica Fórnea,Vidal e Valboa. Moi preto pasa a rede Ribadeo-Vilalba do gasoduto. Monte de eucaliptos. Sobre as dúbidas deste menhir, arqueólogos consultados din que polas medidas pode tratarse dun menhir, tamén dun marco xeográfico que sinala os lindes entre parroquias…

  • Folga Mundial polo clima: Ribadeo (actualización)

    Nota aos medios O día 27 de setembro, ás 20:00 horas terá lugar unha concentración diante do concello de Ribadeo para sumar a cidadanía do noso entorno á Folga Mundial Polo clima. Este evento está potenciado a nivel mundial de xeito colaborativo por numerosas asociacións e movementos como FridaysForFuture ou Extinction Rebellion, desarrollando accións durante…

  • MARCAS LAPIDARIAS NA CAPELA DE NOSA SEÑORA DAS VIRTUDES DA PONTE DE ARANTE. Pancho Campos Dorado

    Neste blog o 18 de decembro de 2017 e en La Comarca del Eo do 23 de decembro escribía sobre o escudo de armas que se atopa dentro desta xoia de Capela da Ponte de Arante, un verdadeiro tesouro histórico ó que como non se lle poña un pronto remedio contra as humidades das paredes…

  • Pleno de onte en Ribadeo, 20190924

    Deixo aquí o podcast do pleno de 20190924 ata pasada a hora e media do comezo. Transcorreu segundo a convocatoria, como é normal. A aprobación da acta anterior foi unánime e con 11 asistentes pasouse ó segundo punto, a petición para declarar BIC ó galeón S. Giacomo di Galizia. Resulta que o PP introduxo a…

  • Fala en Nova York, afecta a Ribadeo (tamén)

    No cumio mundial sobre o clima, falando do futuro hoxe. Pouco se ten progresado dende o foro de Davos no que se recoñecía por parte dos poderosos a emrxencia climática.

  • Pleno. Convocatoria para martes 24 de setembro de 2019

    Mañá martes 24 de setembro haberá un pleno no que terán cabida cousas moi variadas. A primeira que se tratará será a petición de declaración de ben de interese cultural para o galeón afundido na ría no 1597, o San Giacomo di Galizia. Despois veñen temas económicos, dende a conta xeral do concello ó importe…

  • Nota de prensa de en marea sobre as festas patronais

    Rematadas as Festas Patronais de 2019 quixéramos suliñar dous aspectos que teñen doada solución para próximas edicións, se estas opinións fosen compartidas: 1º. Os ruidos que xeneran as diversas actividades son particularmente molestos, rebasan amplamente a normativa legal e algunhas persoas tiveron que ser trasladadas aos servizos de urxencias por crises de ansiedade, converténdose nun…