Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.486 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Pedindo

    Unha nova de onte titulábase ‘PSA pide costes más baixos e empregos máis flexibles para que Vigo logre nuevos modelos’. E nunha entradilla: ‘Hai que conseguir en Galicia custes que compitan cos de Portugal e Marrocos’. coido que se entende o proceso: O desenvolvemento da empresa pasa por baixar os salarios de xeito indefinidio (en…

  • Non sei se comprendo

    Coido que non é este o lugar máis idóneo, pero non hai lugar idóneo para algunhas cousas. Resulta que ante a ‘imposibilidade’ de ter apoios para a formación de goberno, hai novas eleccións. Iso supón un gasto de 140 millóns de euros. Gasto oficial previsto, de xeito institucional, se entende, pois polo que di a…

  • Atacando á Terra. Unha chamada (máis) de atención

       Remato de ver unha gráfica por enésima vez. Por primeira vez decateime dun detalle dun dato que representa.     A gráfica, as partes por millón de dióxido de carbono na atmosfera, recollidas nun observatorio limpo de alta montaña nunha illa no medio do Pacífico: Mauna Loa, nas illas Hawaii. A recollida dese dato faise…

  • Ofrenda aos Remedios. Representante, alcalde de Ribadeo

    O domingo 15 de setembro, Fernando Suárez Barcia, como Alcalde de Ribadeo, fixo uso da quenda establecida que lle asignaba a Ribadeo o facer a ofrenda aos Remedios, en  Mondoñedo. Coido que, aínda que non sexa un moi de igrexa ou sinxelamente, sexa partidario da separación de poderes igrexa-estado do estado ‘aconfesional’ (non non-confesional, segundo…

  • Folga mundial polo clima: Ribadeo

    – Tamén en Ribadeo, apoio á folga mundial polo clima do 27 de setembro.

  • Detrás da santiña, diante das monxiñas… e fin de festa

       Hoxe, 8 de setembro, é o día grande das festas patroais de Ribadeo, pois corresponde á festividade da patroa.     Coido que dende hai tempo, os fogos do sete marcan o punto culminante, co que a afirmación anterior non deixa de ser unha reminiscencia relixiosa ou doutros tempos, como se pode constatar en xeral…

  • Hoxe, a manifestación do 7

    Un mes máis, en Ribadeo houbo saída á rúa dos pensionistas. Esta vez, en festas, o sete. Esta vez, de novo, en forma de manifestación, que saíu do concello ás 12 e volveu ó concello despois de pasar por cantón, Pza. de España, Villafranca, Rodríguez Murias, Ramón González, Doutor Moreda, Reinante, Avda. de Asturias e…

  • #cortesdeluzRibadeo, de novo ás voltas

    Facía moito que non me cadraba un corte de luz en Ribadeo usando a luz nun lugar no que tomar nota de xeito doado, sendo consciente de que se seguen a suceder (mesmo saíu nos papeis nalgún caso). Hai un pouco volto suceder, polo que sigo a deixar constancia a modo de base de datos…

  • Das oito da mañá á democracia

       Informe positivo do concello de Ribadeo. Enterámonos que foi dado cando a propaganda de ACISA Ribadeo nolo comunica pola prensa para lamentar que non se amplíe o horario de apertura de establecementos nouturnos durante todas as festas ata as 8 da mañá. Coido que unha pregunta que cabe facerse é: a quen ou que…

  • O pregón das festas patronais 2019 de Ribadeo (e o resume de ofertas nas festas)

    Onte, 31 de agosto, Fabián Pérez Rego deu o pregón no Cine Teatro de Ribadeo ás 20:30. Quedan embaixo os podcast das verbas do presidente da Comisión de Festas, do alcalde, dun comisionado e por último de Fabián, acompañados dunha breve biografía e un resume de actividades festeiras. A presentación foi feita por M. Carmen…