Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.535 posts
42 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Perdemos todos. Por Pablo Mosquera

    Si. Ata Marta Rivera de la Cruz. E fíxome en tal dama pola súa traxectoria. Chegou desde Madrid, aterrou como paracaidista na Coruña. Logrou que as xentes de Cs a votasen. Ao día seguinte das eleccións regresou á capital. Nunca deu as grazas. Só veu a Galicia para lucir palmito nas festas de San Froilán.…

  • Se non sodes iguais, amosade que sodes diferentes

    Trasformado de Rama, CC BY-SA 2.0 fr, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=2067181 Noraboa, lográchedelo. Porque iso era o que íades procurando, o medre das posturas máis extremas, as diferentes ás nominais ata o de agora, non? Tentando igualar a corrupción por arriba, tomando unhas decisións mentres que se manifestan outras, con loitas internas solucionadas cun liderazgo non forte, senón…

  • Nota de prensa En Marea

    Ribadeo, 6 de novembro, 2019. O pasado día 4 de novembro rexistramos no concello de Ribadeo o Recurso de Reposición que anunciamos a semana pasada. O motivo do recurso é que o concello non deu resposta ás preguntas e á petición que tíñamos presentado o día 27 de setembro. O contido destas preguntas xa o…

  • Eleccións: papeletas electorais

    Hoxe son as eleccións xerais. Á hora de ir votar, hai moita xente indecisa, que non coñece nin os nomes dos canditatos do partido ó que máis ou menos pensa votar, etc. Quedan aquí abaixo as papeletas dos diversos partidos, tanto do Congreso como do Senado, pola provincia de Lugo, ordeadas as do congreso por…

  • Cunchas, fósiles, insectos: David Antonio López Álvarez

        Unha lembranza da labor de David López, e a súa relación co coñecemento, coa bioloxía, coa ecoloxía, co medio…  

  • Elección non rima con bon

    ‘Eran os mellores tempos, eran os peores tempos’. Así comeza a ‘Historia de dúas cidades‘ de Dickens. E así podería comezar a nosa historia actual camiño dunhas novas (e)leccións o 10 de novembro. E é que hai xente para quen ‘as cousas’ marchan ben. E para a que non, nin moito menos e diríase que…

  • As árbores tamén morren. Ás árbores tamén se llas mata.

    Non fan falta incendios. Hai outros xeitos de matar árbores. Esta semana foi dura para as árbores de Ribadeo. O coidado, din, esixe poda, aínda que na natureza non haxa tal e se coiden eles sós. E foron podados. Non entendo moito de poda, pero dá dor velos totalmente mutilados polo nacemento das ramas, mentres…

  • Os deslumbrados non poden ver o ceo

    Nebulosa nas Pléiades. Obtida de https://www.spacetelescope.org/images/opo0036a/     25 de outubro, nota de prensa. Resultado: Ribadeo terá máis luces de Nadal por persoa que Vigo. Os xornais destacaron a competición con Vigo, pero aínda así, non chegaron a ese dato: en Vigo, ao parecer, instalaranse unhas 10 000 000 de luces, ou sexa, sobre 25 por…

  • Rueiro ribadense. De Porcillán ás catro calles

    As novas placas de Sargadelos dan moito xogo. Na subida por Antonio Otero dende que se sae de Porcillán ata chegar á zona das catro calles, aparecen uns cantos abondo ilustrativos. O mapa centrado na subida: No comezo da rúa da muralla (é dicir, subindo á dereita) está o rótulo da antiga porta de Santo…

  • O concello de Ribadeo, a escala

    Collo un post de hoxe mesmo de fqribadeo e engádolle unha foto da ESA co concello de Ribadeo aproximadamente a escala para comparalo cun iceberg recén forneado na antártida: Auga para Ribadeo para 300 000 anos Auga para Ribadeo para 300 000 anos: ese é o resume do ‘último polo momento’ iceberg desprendido da Antártida:…