Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.421 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Nós tamén fomos emigrantes… si, pero non así.

    Estos días está en Ribadeo a exposición ‘Nós tamén fomos emigrantes’, con fotos relacionadas coa emigración entre a guerra e os anos 60. Cando vin o cartel, fíxenme á idea de vela, na Oficina de Turismo. E alí fun hoxe. Certo, non é a idea que tiña dunha exposición sobre a emigración galega. A exposición…

  • Debate IA: Posibilidades e Perigos | Soberanía dixital V | amarinha.gal

    Só unhas verbas para deixar aquí algo que se me pasara: o vídeo do debate de Soberanía dixital sobre as posibilidades e perigos da ia, da serie sobre soberanía dixital promovida por amarinha.gal

  • Concentración pensionista

    Comeza un novo mes, e os pensionistas non esquecen a convocatoria en Ribadeo. Tempos revoltos, defensa do público -si, tamén a túa defensa, e lembra que a convocatoria tamén está aberta a ti- e procura de xustiza distributiva: Sábado 2, 12 h, Cantón dos Moreno, Ribadeo.

  • Construción efémera

    Hai xa tempo abondo souben dos estudos de construción efémera, avalados daquela por un ciclo de FP (hoxe non sei se segue ou non dito ciclo). O ciclo non se refería tanto a casas como a expositores en feiras e cousas semellantes, aínda que a diversidade de aproveitamento das ensinanzas impartidas era ampla. Lembreime do…

  • Líderes: de dentro a fóra e camiño de volta

    Dende hai algún tempo chámame a atención nos xornais o uso da palabra ‘líder’. Se imos ó dicionario, aparece que significa “Cabeza dun grupo ou persoa que o dirixe ou representa”. E de aí, poderiamos estender o seu uso ‘legal’, respaldado pola Academia, a multitude de campos, entre eles, a política. Mais, nunha democracia, o…

  • UN EXPOLIO SIN ACLARAR. José María Rodríguez Díaz

    Un caso, o das vidreiras, que hoxe parece esquecido, pero que que se saiba, segue sen ser rectificado en canto a procedementos, e polo tanto, pode volver suceder en calquera momento. Por certo, as vidreiras foron substituídas por outras novas… Viernes, 18 de marzo de 2011 UN EXPOLIO SIN ACLARAR Pasaron ya cuatro meses desde…

  • Republicación do último libro de José María Rodríguez

    Anos despois de ser publicado pola AVV O Tesón, cargo o pdf de “José María Rodríguez Díaz, in memoriam”, que contén varios artigos a el adicados, unha lista de publicacións súas e dous libros, un sobre ‘O cura vello’, que veu a luz en Cadernos Mindonienses e outro sobre ‘O Gardarríos’. Pode accederse ó libro…

  • Xenocidio, non!

    Un novo domingo, unha nova concentración contra a guerra. E contra o xenocidio… Domingo, 12:30, no Cantón dos Moreno de Ribadeo.

  • O salto dos chinos

    Unha noticia atribúe este ano un maior número de matriculacións nas PAU á materia de Matemáticas para as Ciencias Sociais que a Matematicas II, materia troncal na vía de ciencias ou tecnoloxías no bacharelato. Non é unha ‘boa noticia’ nin ‘mala’. Sinxelamente, é ‘unha noticia’, unha información de que algo estaría a cambiar nas tendencias…

  • Andaina informativa sobre o ‘novo’ centro de saúde de Ribadeo. Nota de prensa

    XUNTANZA DA PLATAFORMA POLA DEFENSA DAS NOSAS ARBORES SOBRE O PROXECTO DE CENTRO DE SAUDE         O pasado martes, 20 de maio, celebrouse unha xuntanza da Plataforma pola Defensa das nosas Arbores para debater sobre o proxecto de construír un novo Centro de Saúde nos arrabaldos do extrarradio de Ribadeo, e deixar sen actividade o…