Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.609 entradas
48 seguidoras

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Recuncho da lectura: A sul da fronteira, a oeste do sol

    Recuncho da lectura: A sul da fronteira, a oeste do sol

    Recuncho da lectura: A sul da fronteira, a oeste do sol A sul da fronteira, a oeste do sol. Haruki Murakami. ISBN 9789895818327. Leya. Casa das Letras. Alfragide 2026. 241 p. (pt.) Murakami, ate o momento, non me defraudou. Este é un libro cun argumento lixeiro, de amores e influencia, pero cun tratamento profundo, de…

  • Pontes dos Moreno dende Ortigosa con Antonio Tejero

    Pontes dos Moreno dende Ortigosa con Antonio Tejero

    Os irmáns Moreno teñen presenza viva en Ribadeo. Pero non só. A máis de ‘nas Américas’ e en Ribadeo, Ortigosa de Cameros conta con dúas pontes patrocinadas por eles, a ponte de ferro (‘puente de hierro’), á que contribuíron, e o viaduto San Martín, pagado por eles por enteiro. Así o amosa mesmo o libro…

  • Botadura do Edda Fjord

    Botadura do Edda Fjord

    10 de setembro de 2026. Os Astelerios Gondán (Gondán Shipbuilders) das Figueiras botan o seu maior buque ata o momento, o Edda Fjord (segundo a ficha, 513 OSV), deseñado por Salt Ship Design. Østensjø Rederi, a compañía norueguesa para a que xa leva consgtruídos máis dunha vintena de buques, en xeral relacionados coa atención a…

  • O ano que Mägo de Oz non tocou en Ribadeo

    O ano que Mägo de Oz non tocou en Ribadeo Por suposto, as festas da patroa deste ano en Ribadeo serán lembradas. Todos os anos o son, que cada quen ten as súas propias lembranzas, e este ano non será menos. Aínda así, as recén rematadas pode que teñan como característica que as lembranzas serán…

  • Sobre a manifestación pola paz e contra o xenocidio

    Onte domingo tivo lugar a manifestación pola paz. Preto de trescentas persoas recorremos as rúas céntricas de Ribadeo, con saída e chegada ás portas do concello, pola paz. Antes de comezar, e en varios puntos do recorrido e ó remate, houbo intervencións que deixo en baixo. Durante o desenvolvemento, numerosas mostras de apoio de transeúntes,…

  • Preparando a eclipse

    Preparando a eclipse

    A eclipse do día 12 está causando moita expectación. Os medios estano a mover, e iso nótase. De cando en vez aparece algo reseñable, e esta vez coido que ten entidade abondo como para poñelo no blog. É unha ferramenta que permite situar o Sol no momento da eclipse, a partir da túa posición. A…

  • Hernán Naval, con ollos novos

    Con motivo do 25 aniversario do pasamento de Hernán Naval, a profesora de música da ESO no colexio Sagrado Corazón de Ribadeo tivo a idea de que os alumnos aprenderan sobre Hernán recompilando datos diversos e presentando o traballo correspondente. O resultado é heteroxéneo, pero tras coñecelo, vino de interese, polo que falando con Lucía,…

  • A esperanza, construír a paz

    Nas guerras combátese, mais contra as guerras é dificil combater, pois o antídoto é construír a paz. Miguiña a miguiña.

  • Unidos contra unha intervención na ría de Ribadeo

    Hoxe chegaron a min por condutos diferentes dúas novas en relación ó dique que se pretende facer nas Figueiras; mellor, na ría, á beira de As Figueiras. A primeira, a acusación que se fai dende a Plataforma pola Defensa da Ría de Ribadeo ó concello de Ribadeo, de silencio cómplice da pretendida obra. A segunda,…

  • Só é unha queixa…?

    Só é unha queixa…? Creo que máis ben é unha máis entre as moitas que, chegando ou non a mans do alcalde, manifestan que os veciños queren que a gobernanza do pobo contemple que vivimos aquí, que Ribadeo é algo máis ca un teatro de espectáculos ou unha cidade de vacacións. No ronsel da entrada…