10 de setembro de 2026. Os Astelerios Gondán (Gondán Shipbuilders) das Figueiras botan o seu maior buque ata o momento, o Edda Fjord (segundo a ficha, 513 OSV), deseñado por Salt Ship Design. Østensjø Rederi, a compañía norueguesa para a que xa leva consgtruídos máis dunha vintena de buques, en xeral relacionados coa atención a plataformas flotantes e mantemento, encargou este novo buque, o Edda Fjord, ‘Edda’ por unha saga literaria nórdica, e ‘Fjord’, ‘fiordo’, o equivalente noruegués das nosas rías (se ben alí orixinadas polo xeo e moito máis profundas, e aquí, pola auga). O uso principal que se espera del é o tender cables submariños e apoio ás plataformas eólicas.
A botadura do casco de 120 m de eslora (23 de manga, por unha altura de 40 m) que será habilitado para unhas 180 persoas estaba prevista para uns tres cuartos de hora antes da marea alta, para as 4 da tarde. E así foi o vistoso acontecemento seguido por moitas embarcacións na propia ría de Ribadeo. Polo que parece (aínda que nada diso notamos os espectadores) houbo algún problema menor coa vía de descenso, que necesitará ser reparada varios metros, e co roce do fondo do buque coa beira do tesón. Mais os dous remolcadores fixeron rápido a labor e levaron o barco ó peirao das Figueiras. Agora tocará acondicionalo, o que levará ate o verá próximo no que será entregado.
O barco ten propulsión híbrida, diesel e eléctrica, tendo previsto acadar unha velocidade de cruceiro de 10,5 nudos (19,4 km/h). Podes consultar aquí a ficha oficial do buque e aquí a nota de prensa do asteleiro en relación á súa botadura.
Os próximos a construír en Gondán serán catro patrulleiras para Indonesia (150 M€), dous barcos de investigación para alemaña (270 M€) e outros, mantendo a actividade prevista ate máis aló de 2030. Mentres, o asteleiro está en reformas (15 M€).


2 respostas a “Botadura do Edda Fjord”
É unha pena que Gondán teña que restrinxir a construccion de barcos máis grandes, debido á falta de un gálibo de navegación máis amplo da Ponte dos Santos. Algúns levamos 30 anos denunciando este atranco malparido na entrada da Ría de Ribadeo, o que ocasiona un atraso para o tráfico comercial do peirao de Ribadeo. A ponte podería facerse ou máis alta e quitar unha ou dúas das pilastras centrais, ou facer u hs ponte na “ruta do estraperlo”, ou sexa, enyre a e trada de Castropol vindo da Veiga e o Costal da Vilavella de Ribadeo. O único que pode tirar por unha solución é Gondán que é a única empresa que temos na Ría con prestixio internacional, e que da postos de traballo a toda a comarca. Un 10 para Asteleiros Gondán, ese barco nono fai calquera, hai que ter moito equipo especializado
@ribadeando@blogs.amarinha.gal actualizada a entrada!
Resposta remota
URL do comentario orixinal
O teu perfil
Por que teño que deixar o meu perfil?
Este sitio é parte da ⁂ web social aberta, unha rede de plataformas sociais interconectadas (como Mastodon, Pixelfed, Friendica e outras). Ao contrario do que ocorre nas redes sociais centralizadas, a túa conta vive na plataforma que ti elixas, e podes interactuar con xente doutras plataformas.
Escribe o teu perfil para ir á túa conta e completar alí a acción de seguir este blog.