“Nun mundo perfecto, ninguén debería poder usar nada”. Dito polo técnico de seguridade preventiva de
Dilbert, realizado por un profesional criado na América da ‘seguridade infinita’ fronte ó terrorismo, por exemplo. A América que contribué a que (tamén por exemplo), se esteña a cerrar Mirasol…
Unha cita entre tautolóxica e idiota para o comezo da semana na que se lembra que se levantamos normas absurdas tentando un ideal, voltarase contra nós e esto será a nada. Entre o ideal e o desmadre alegal, un medio. Non perfecto, pero manexable, é o que promete, con esforzo, calquera lei cun pouco de sentidiño. E ese esforzo inclúe a aplicación da mesma día a día, a súa vixiancia para que non sexa papel mollado, e tamén para que non sexa unha cárcere.
E tamén explica, de xeito subsidiario, aquelo de ‘quen fixo a lei fixo a trampa’, pois ó non haber lei perfecta por inaplicable, quedan resquicios ‘aproveitables’ por quen a coñece mellor e ten os medios necesarios, que será en principio, quen a fixo.
Tanto en seguridade como no achegamento ó cero absoluto (por seguir a poñer exemplos ‘moi parellos’ os rendementos de aplicación dunha norma son cada vez menores, deixando de pagar a pena e voltándose absurdos a non ser como sinxela experimentación para ver que pasa (caso da temperatura) ou como manexo social interesado (caso da seguridade)
A foto, de xeito correspondente, das obras para tirar os galpóns en Mirasol e facer unha vía alternativa ó paso do porto, e poder pechalo sen moita protesta (ou con excusas pafra ela) a partir das normas norteamericanas inducidas pola loita ‘infinita’ co terrorismo.