Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

De novo


De novo en marcha, coa rede OK.

Onte participei nun debate en onda cero onde ía a haber máis temas, pero comezou e centrouse de xeito animado sobre a normativa que afecta ás reparacións no casco vello e os decretos de final da semana pasada que asinou o alcalde para aplicala. Unha pequena lembranza: hai case dous anos que se publicou a normativa, restrinxindo a súa aplicación ó casco vello, a partir dunha norma autonómica que é de aplicación xeral, pero permite a súa restricción como neste caso. Houbo polémica polas obrigas que conleva e o actual alcalde, daquela encargado de obras na corporación, aclarou que ía ser usada para casos flagrantes de deixadez ou necesidade, como cantón, aduana, colexio dos irmáns, etc. O certo é que ata venres durmiu no limbo e por fin, tras os dous anos ditos, aplícase a dez casos singulares, amezando sanción nalgún, precintando outros (como no caso de dous pisos da Torre dos moreno). Deixei claro que non coñezo polo miúdo os decretos, co que poden voltar a ser motivo dalgunha polémica, pero que salvo detalles descoñecidos, o defecto principal é a súa tardanza en ser emitidos, en aplicarse a normativa. E non vale liala con que non hai PXOM e cousas polo estilo, como se intentou facer na charla, pois en casos extremos hai medios para obrar aínda a pesares da inexistencia dun PXOM actualizado.

As fotos, do Castro das Cárcovas na Capela e da ría de Ribadeo dende a súa veciñanza.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *