26 unidades poden agruparse de diversos xeitos, construíndo ligazóns nunha superficie ou noutro espazo calquera: poden constituír unha xeometría.
26 persoas se xuntaron onte. 24 de Ribadeo, dous non empadroados. 9 mulleres, 17 homes.
Diversidade de opinións dentro dun carácter aberto, participativo, transparente nunha xuntanza por autoconvocatoria, onde as posibles siglas que poideran sinalarse acordaron non aparecer: a unión é de todos; con apoios, pero sen acaparar postos ou poder dende isos apoios. Polo momento, tampouco se fala de guanyem, ganemos, etc: é algo de Ribadeo, aínda que non se pretende inventar a roda.
Máis aló de poderse presentar a unhas eleccións como agrupación de electores, o Ribadeo que queremos debe estar ben definido.
Por suposto, tratándose dunha asemblea desas características, as cousas non van rápidas, hai que escoitar a todos, hai que construír o futuro, con método, tendo claras cousas como o control cidadán, o servizo público, a defensa dos dereitos…
Un cambio de sistema? No momento no que estamos, si, cara iso se vai, aínda sabendo que pode estar lonxe.