Co mes apareceu na páxina web de ACISA (si, se alguén ve algo raro na portada… é así) unha convocatoria de subvencións.
Coido que a cousa non sería chamativa se non existiran dous puntos que entendo que así a fan.
O primeiro deles, que é unha subvención para actividades que outorga unha entidade que é subvencionada para actividades. Por exemplo, polo concello de Ribadeo. Pode ser normal, pero non deixa de ser unha cadea cun paso intermedio que parece que escapa do control da fonte de movemento.
O segundo, que sexan asociacións as beneficiarias (coido que polo momento non hai asociacións integradas en ACISA):”Todas aquellas asociaciones bien sean; culturales, deportivas, de comisiones de fiestas… de ámbito local ribadense.” Ó que hai que engadir… “En todo caso, las asociaciones que requieran la ayuda deberán estar asociadas a ACISA Ribadeo o asociarse.” Ou sexa, se non entendo mal, entra dentro dunha campaña para asociar asociacións a unha entidade que defende intereses empresariais. Equivócome?
A ver, está ‘dentro da legalidade’ e é ‘comprensible’ que queiran ter un maior manexo. Manexo de que? De todo, claro: é algo moi común, o querer manexar.
Concurso en marcha na actualidade en ACISA Ribadeo |
…coido que hai algún tempo escribín que tiñamos que charlar para crear un novo sistema…
—