Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.451 posts
37 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Nota de prensa amarinha.gal. Festa do Fediverso


Nota de prensa amarinha.gal

Festa do Fediverso.

O futuro das redes sociais e internet

-O próximo venres 13 de marzo, ás 7 da tarde, a Biblioteca Pública Municipal Viejo Pancho de Ribadeo (r/Antonio Otero, 19), acollerá o evento Soberanía Dixital XI: Festa do Fediverso. O futuro das redes sociais e internet. A destacar que é a segunda actividade do grupo amarinha.gal neste ano 2026, despois das nove celebradas o ano pasado.

Na actualidade están a propoñerse preguntas do estilo de: É boa idea prohibirlle o acceso a RRSS a menores de 16 anos? Son adecuadas as medidas que propón tomar o goberno para a súa regulación? Que solucións existen ante a preocupante situación das RRSS? A nosa proposta desenvólvese neste contexto.

Encadrada na celebración das diversas opcións do Fediverso, é unha actividade pensada para ter unha visión xeral do que é este mundo libre en internet e como se adapta. Ó tempo, será representada a instancia de amarinha.gal como exemplo e caso de estudo no Fediverso, coas súas ofertas, puntos en común con outras instancias, orixinalidades e diferenzas. Asemade, tamén se falará do Fediverso ante as novas leis en España e en Europa, e a limitación de liberdades.

Será presentada por José Manuel Ventoso, a quen acompañarán os membros de amarinha.gal.

Como en ocasións anteriores, estará a disposición dos asistentes un novo número do Fanzine do grupo.

A actividade é aberta, coa única limitación do aforo, a todas as persoas, interesadas en mellorar o seu coñecemento sobre a posibilidade da propia soberanía tecnolóxica, e as implicacións para as nosas vidas.

Reaccións do Fediverso
,

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *