Hoxe parece ser que non hai periódicos, do mesmo xeito que no día de Nadal, por exemplo. Nembargantes, hai novas, pequenas ou grandes, pero hainas.
As que poño hoxe son se base gráfica. E non son tan novas,pero si no blog e coido que nos medios se apareceron, foi a medias.
A primeira e segunda foto son dun dos muros centrais que hai na actualidade na Ponte dos Santos, tomando a foto cara a bocana da ría de Ribadeo. Non é unha grande nova que a ponte estea en obras, pero aínda que o sabe moita xente, ese muro central que separa os dous carrís en uso para comezo da obra polo centro parece ser un gran ignorado a cousa dun mes de cobrar vida facendo máis dificultosa a pasaxe pola ponte por mor da súa estreitez.
A foto central é diferente, pois é unha novidade cíclica: xa está de novo a draga na ría. Con esa información abonda. Para ver máis sobre a draga en Ribadeo, ou nunha versión de fai abondo menos tempo
O terceiro conxunto, dúas fotos, son ó tempo unha alegría e un pequeno desencanto: parece que para sorte da xente que vive próxima á autovía, vaise a tomar en serio o tema dos ruídos producidos polo tráfego, poñendo muros para dificultar o paso do son. Así, nembargantes, levántase un muro que dificulta a vista e afea a nosa vila, amén de separar de xeito máis integral dúas zonas antes sen discontinuidade (Ribadeo e a súa parte norte, Vilaselán). As fotos amosan máis ou menos centrada a torre dos Moreno, un caso nunha zona onde aínda queda abertura e no outro, como un pequeno pico por riba da muro, á beira mesmo dun poste da luz. E é que será deste último xeito como será observado o monumento dende a zona indicada… (aconsello ampliala premendo co rato sobre ela para poder ver algo…)