Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.459 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Si? A conto do problema da vivenda


Si? A conto do problema da vivenda

Hai un par de días atopeime nun xornal cun titular (era unha sección dun artigo): “O que beneficia o dono beneficia o futuro inquilino”. Asi, entre comiñas. Díxenme que debía ser un erro. Pero o titular fixo o que posiblemente era a sua función primeira: levarme a ler. E si, alí estaba citado de novo exactamente igual, en boca de quen falaba, cargo político na Xunta atacando o goberno (central, claro, non o seu propio). Para comprobar entón que non era eu o que estaba fiando mal o meu pensamento, o primeiro que se me veu á cabeza foi un contraexemplo: eu, propietario de varios pisos, subo o alugueiro. Poñamos de 500 € a 550 €. Se os pisos seguen a estar ocupados, saio gañando 50 € brutos máis cada mes por cada piso, logo saio beneficiado. Saen beneficiados os meus inquilinos? Poderei venderlles a moto (por exemplo, dicindo que vou manter mellor as vivendas) pero non, non saen beneficiados, senón prexudicados. É un caso só a modo de contraexemplo, e en xeral (non digo que non poda haber algunha excepción, aínda que a min no se me ocorra) se o dono sae beneficiado, o inquilino non sae beneficiado en absoluto, senón prexudicado.

Por suposto, o problema da vivenda (prezos de compra e alugueiros altos, escaseza de vivendas) non é sinxelo de resolver, ao menos dende dentro do sistema de ‘libre mercado’ en funcionamento hoxe, considerando ‘o mercado da vivenda’, é dicir, a vivenda, como mercadoría nun ‘mercado libre’ e non como necesidade ou dereito. Dito doutro xeito, é un desenvolvemento ‘sinxelo’ nas causas, pero complexo na aplicación de posibles solucións sen cambiar esquemas xerais e cousas particulares ben diversas. Un problema en relación ó que, unha vez aceptado o funcionamento do mercado, un único propietario non pode facer case nada aínda que venda de saldo o seu pelello. Tampouco se pode enfrontar coma algo local (é internacional, e non só no noso entorno europeo) aínda que algunha medida/norma/lei poda mitigalo. Polo que parece, é un problema irresoluble sen ter presente que está causado por un fenómeno que non ten orixe no mercado da vivenda (a concentración extraordinaria da renda e a riqueza, que contribúe a agravar co seu funcionamento) nin solución limitándose só a aumentar o parque de vivendas que se ofrecen no mercado (que nunha proporción en aumento serán adquiridas pola demanda de alta riqueza, retroalimentando a suba de prezos e a concentración e en definitiva, o problema).

Un proceso antisistema? Ou sexa, é un problema que non se pode resolver dentro do sistema? Está comprobado ó longo da historia que o sistema capitalista, sen correccións, desequilibrase e remata por ter algún tipo de estoupido (social, guerra,…) que tenta corrixilo. Nese caso, como antídoto, preconízase o frear as desigualdades e a concentración de riqueza, e evitar que a vivenda siga sendo usada como investimento sen considerar a súa necesidade. O considerar prioritarios os beneficios dos donos, sen máis, non vai nese sentido.

Reaccións do Fediverso

5 respostas a “Si? A conto do problema da vivenda”

  1. A modo de comentario anónimo:
    Bo día
    Respecto ao problema da vivenda, que non é sinxelo, hai un par de condicións que axudarían a resolverlo. O propietario só quere cobrar a mensualidade e que o inmoble sexa ben tratado. O que non pode ser o propietario é o substituto dos Servizos Sociais, e non só non cobrar a renda correspondente, senón incluso pagarle ao inquilino os gastos da vivenda e recuperala despois dun longo proceso xudicial cos seus gastos. Solventando estes asuntos, habería máis vivenda de aluguer no mercado. Obviamente, facilitando a construción de vivenda pública o problema habitacional tamén iría alixeirando.
    En fin, que será cousa de lle poñer vontade.

  2. @ribadeando E que o Capitalismo é un sistema perfecto xa que cumple coa función de acumular riqueza a perfección. Unha xoia, dinero llama a dinero.
    O que é falso e de que se perfecciona a si mismo pra beneficio de todos como din os liberales, ( profesor Bastos)

  3. Es un tema amplio pero claro que tiene mucho que ver la oferta y la demanda, no porque vivamos en un capitalismo salvaje, porque desde que vivimos en cuevas existe el problema de la oferta y la demanda. Los inversores internacionales o los grandes tenedores, mantienen las propiedades porque las consideran un valor refugio que gana valor y no suele perderlo. Por supuesto que en el hipotético caso que se hicieran cientos de miles ( imaginemos millones, hoy imposible hasta las supuestas 300 anunciadas en Ribadeo ), pues perderían valor, porque lo que le da precisamente valor a la vivienda es que la gente las demanda… . Cuando explotó el boom inmobiliario se vio claro, habían construido demasiada vivienda y en zonas como barreiros se bajó del precio de coste de la propia obra la venta, perdiendo los compradores decenas de miles de euros ( recuerdo pisos a 20-30 mil euros ). Que la situación es mala, es cierto, pero decir que no es un problema de oferta y demanda…

  4. Y ya otra puntualización. El estado español maneja el 45 % del PIB anual. En la República comunista de China el estado maneja según distintas fuentes entre el 18 y el 30 % del PIB. Aceptando que vivimos en el supuesto “capitalismo” ( palabra que yo creo que se desconoce hasta su definición, pero que se
    Usa para esquematizar y contener todos los males ) en China también existe un problema enorme con la vivienda ( a pesar que hay millones de viviendas vacias ). En vez de pensar en la abuelita que quiere subir 50 € el alquiler, o que el fondo de pensiones Noruego compra cada vez más casas, a nadie se le ocurre que en China, Singapur o en España ha habido un problema claro con un intervencionismo fallido ?

Deixa una resposta a agremon Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *