Nota de prensa amarinha.gal:
Soberanía Dixital X: Administración electrónica II. Taller de instalación de apps libres e da administración
O pasado venres 23 de xaneiro tivo lugar en Ribadeo o décimo evento do ciclo Soberanía Dixital, co que o grupo amarinha.gal deu comezo o ano 2026, baixo o título “Administración electrónica II. Taller de instalación de apps libres e da administración”. Este novo evento de amarinha.gal desenvolveuse na Biblioteca Pública Municipal el Viejo Pancho, onde se tivo tanto a pequena charla introdutoria a cargo de Mario Penelo como o obradoiro posterior de instalación de apps. Nesta convocatoria non houbo tempo para moito máis que o sistema de salvagarda de contrasinais, que se focalizou arredor do sistema Keepass, instalando o KeepassDroid como ferramenta de salvagarda e lembranza de contrasinais. Pola súa importancia, o obradoiro continuará con outras ferramentas libres e relacionadas coa administración, se ben a próxima xuntanza, axendada para o 20 de febreiro, desenvolverase no marco da ’Fedifesta’, unha conmemoración global arredor da idea do fediverso, un universo distribuído en internet, unha federación de lugares mantidos por xente común que facilita a soberanía dixital.
O acto foi acompañado co reparto dunha octavilla como lembranza de apps de instalación conveniente no móbil.
As diapositivas correspondentes á presentación estarán proximamente dispoñibles en blogs.amarinha.gal
