Non votes a quen non quera eu
De Trump en baixo, ninguén. Ninguén ten dereito, o dereito ó que sexa, sería a lectura completa. Como en tempos dos reis absolutos, mesmo pode que con máis poder relativo, ó ter máis mecanismos que pode controlar. E aínda con poderes que tentan equilibralo, despois de ter maioría lexislativa e maioría de xuíces investidos baixo o seu mandato.
Á hora de establecer alternativas no taboleiro de xogo que domina o novo emperador, usa o poder ó que ten acceso para impoñer non as posibilidades de xogo ‘comigo’ ou ‘contra min’, senón ‘comigo de xeito voluntario’ ou ‘comigo de xeito forzado’. Pode facelo tras comprobar que, para tentar evitar os estragos do que presenta como única alternativa, a segunda opción, están (xefes de goberno, empresarios, influencers mesmo) a elixir a primeira, nunha especie de autocensura. O efecto diminúe así a forza e a posibilidade dunha oposición conxunta, dunha alternativa real non ditada por quen está a impor as reglas do xogo.

O parágrafo anterior é á expresión na práctica de algo que corresponde co célebre e repetido dito de Martin Niemöller: ‘Primeiro viñeron por (…) e cando viñeron por min no quedaba ninguén que me puidera axudar a defenderme’. Ou do enunciado da teoría do dominó, cano se as poñemos de pé unha a continuación de outra, se cae unha peza, empurra á outra, esta a outra… segundo a idea que creou o imaxinario dun estadista norteamericano para xustificar a intervención no Vietnam. Ou tamén caso práctico do chamado dilema do prisioneiro, que ven a dicir que se ante unha situación determinada nun xogo (e a vida é un xogo!) saen ganando todos os participantes se cooperan, pero se un traizoa ó resto sae ganando máis aínda que en conxunto as perdas sexan xeneralizadas, se non se confía nos máis, irase todo ó garete.,,
A situación presente da política global está ben estudada. E mesmo se ten dado o caso xa na historia: aí está Hitler e o pretendido seu apaciguamento mentres anexionaba os Sudetes ou Austria (e quedábanlle ben máis achegados que Venezuela, Cuba ou Groenlandia). A lección é a mesma: como animais sociais que somos, estamos mellor xuntos, defendendo os nosos intereses conxuntos por riba dos particulares. de nivel local a nivel internacional. Porque non cremos que só valen as solucións ás grandes cousas e por parte de grandes institucións ou entidades, onde a nosa participación se dilúe ata un punto que nos permite dicir que somos irrelevantes, que non temos capacidade de acción nin responsabilidade, e polo tanto, que actúe quen non o teña esa capacidade e responsabilidade. A quen, por certo, lle botaremos as culpas tranquilamente, que para algo é capaz e responsable. A máis, mesmo pode que penses que a ti non te vai afectar o cambio que veña, ou aínda que te poda beneficiar en algo mentres estás tranqui e deixas que actúe quen sexa, que non vai contigo en este mundo interconectado onde todo vai con todos.
A posibilidade que non se pretende nas regras do xogo, que se trata de ocultar, de evitar, é a resposta conxunta. Mais é a resposta conxunta, ocultada e menosprezada por quen tenta dirixir o xogo, a única alternativa real ó ‘democrático’ acatar o ‘non votes a quen non quera eu que votes’, ‘non merques a quen non queira eu que merques’, etc. É dicir, a única alternativa real a unha cautividade facilitada polos medios dixitais.
Por último, ten en conta que ata para rogarlles ós ricos, é mellor ser moitos, actuar en conxunto e evitar o noso secuestro pola súa parte. A menos que pretendas, aplicando o dilema do prisioneiro, traizoar ó resto para tentar sacar ti unha miguiña algo maior, ata que veñan a por ti. Da sanidade á educación, pasando por vivenda ou dereitos, a nivel nacional, ou das redes sociais ó petróleo e o gas, a nivel internacional.

Unha resposta a “Non votes a quen non quera eu”
Muchos escritores dan ese ejemplo, de las políticas de apaciguamiento de Francia y Gran Bretaña en el 38, como un ejemplo en el que no haber actuado trajo la catástrofe. Sin embargo, el haber actuado en el 38 también hubiera llevado a una guerra incierta. Sobretodo el ejército que finalmente ganó el conflicto, la URSS, estaba en ese año diezmando con las purgas a sus mandos y ese año de diferencia en contra de la remilitarización soviética ( teniendo en cuenta lo que pasó con el fracaso de
la invasión de Finlandia) igual hubiera hecho que se perdiera la guerra.