NOTA INFORMATIVA DA PLATAFORMA POLA DEFENSA DAS NOSAS ÁRBORES

O pasado luns, 29 de setembro reuniuse a asamblea da plataforma pola Defensa das Nosas Árbores para tratar, entre outros, dos seguintes asuntos: Informe sobre ruidos, actividades lucrativas nos espazos públicos do casco urbano, competencia desleal á pequena empresa local, deseducación das crianzas con xogos infantis incitadores das violencias, situación do persoal no centro de saúde e proxecto estrela de pechar este centro para abrir outro a un km do casco urbano.
Deste asunto ímonos extender un pouco mais. Como xa é de sobras coñecido as carencias de persoal médico e de enfemería no Centro de Saúde de Ribadeo veñen de lonxe e van para lonxe en vistas do que vemos a cotío e todo o mundo coñece. No momento actual de sete prazas oficiais de médicos de Atención Primaria somente están correctamente cubertas tres, ademais outra está cuberta temporalmente e outras tres están vacantes. Esta realidade está así e vai seguir estando porque a pesar das promesas da Xunta de Galicia e do Sr. Alcalde de Ribadeo que declarou que Ribadeo ia ter un trato especial por parte da Consellería de Sanidade o certo é que van pasando as semanas e os meses e as prazas seguen vacantes, ben sexa por xubilacións ou por outros motivos. Como consecuencia os retrasos para consultas non urxentes son de varios días e as veces chegan as duas semanas. O mesmo está sucedendo ca Pediatra e varias prazas de ATS co conseguinte retraso e deterioro da atención á saude dos veciños e veciñas, crianzas e persoas maiores que sempre son as mais vulnerabeis, as mais indefensas e as mais perxudicadas. Debemos suliñar tamén a grave situación de abandono que sofren as persoas de todas as edades con problemas de saúde mental que cada vez son mais frecuentes, especialmente na terceira edade.
A todos estes problemas que, repetimos, non son da semana pasada nen froito de unha circunstancia pasaxeira, senon que se van facendo cada vez mais crónicos e intensos a única resposta que ofrece a Xuinta de Galicia co apoio entusíatico do Concello de Ribadeo é a construcción de un novo Centro de Saúde a un kilómetro do actual e nunha zona especialmente complicada polas diversas dificultades do seu acceso, ademasi da distancia e especialmente perigosa polo intenso trafego de vehículos motorizados a todas horas do día, como temos comprobado, sen que os técnicos da Xunta de Galicia nen os políticos do concello de Ribadeo se desen por enterados, nen dos nosos informes perfectamente documentados, nen das declaracións de rexeita de numerosas persoas maiormente da terceira edade. O Concello de Ribadeo segue tomando acordos administrativos (e políticos) para levar adiante este desdichado proxecto e pola nosa banda seguiremos denunciando o que non deixa de ser unha cortiña de fume que non vai solucionar nengún problema e ainda os vai acrecentar pola distancia e os outros inconvintes do proxecto que xa denunciamos.
Para denunciar esta grave decisión política que vai prexudicar ao futuro de todo Ribadeo e non so as persoas usuarias dos servizos de saúde, porque estamos falando de unha deslocalización salvaxe que deixaría orfo ao centro da vila, convocamos un acto público informativo que terá lugar o día 17 de Outubro no local da Casa do Viejo Pancho as oito da tarde, quedando invitadas todas as persoas que o desexen que ademais poderán opinar o que consideren oportuno.
NOTA: Cando estábamos redactando este escrito chéganos a nova da corta de todas árbores de Cabanela e outros espazos próximos, sen que ooncello teña dado nengún tipo de información ou xustificación. Desgraciadamente confirmanse os temores enxergados nos meses anteriores: Existe unha vontade evidente e un proxecto político estratéxico por parte da corporación actual de ir eliminando progresivamente as árbores do concello por algún motivo seguramente inconfesable como o demostra esta nova actuación arboricida ás caladiñas e por sorpresa. O pobo de Ribadeo terá que reaccionar de algún xeito antes de que sexa demasiado tarde e pola nosa banda seguiremos denunciando esta política que só podemos calificar de inhumana, retrógrada e subcultural.
Plataforma pola Defensa das nosas árbores.
Ribadeo 8 de outubro de 2025