Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Presentación de Soberanía digital IV. Blogs, información descentralizada


Onte, na biblioteca municipal de Ribadeo, tivo lugar o cuarto evento do ciclo de Soberanía dixital que está a levar a cabo o grupo amarinha.gal durante este 2025.

Tras a benvida pasouse á entrega do fanzine realizado para a ocasión, con artigos do grupo amarinha.gal, Lucía Ferro, José Manuel Ventoso e Antonio Gregorio.

Despois dunha pequena presentación do que se ía facer, desenvolveuse unha charla informativa sobre os blogs (que son, como funcionan, características, blogs galegos, etc) que rematou cunha rolda de preguntas. De seguido, pasouse á creación de un blog para unha das asistentes, o que se fixo dentro da plataforma blogs.amarinha.gal, quedando así por unha banda ilustrado o procedemento e por outra, un novo blog ‘chave en man’, listo para usar, editar e difundir.

Avisouse asemade que a comezos de xuño terá lugar a seguinte sesión do ciclo, desta volta, sobre intelixencia artificial e cun formato diferente, incluíndo diálogo entre varios presentadores, do que se dará información detallada máis adiante.

A modo de lembranza, déixanse os títulos das sesións anteriores do ciclo Soberanía Dixital:

  1. Retomando as prazas públicas
  2. Mundo Wikimedia, unha comunidade de todos para todos
  3. Linux para a casa


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *