Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Cartos no peto


    Entérome hoxe, un dos últimos días, da campaña para salvagardar a existencia dos cartos no peto. É dicir, non en tarxeta, non no móbil… cousas que poden ser moi convintes, pero tamén moi inconvintes, dende o control que pode exercer o banco ou o estado sobre ti á realidade de quedarte sen cartos para usar en casos de desastre nos que non funcione a rede. E moitas posibilidades máis no medio, moitas.

    Entereime dunha campaña, ‘salvemos el dinero físico‘ con pregos de recollida de sinaturas (por exemplo, en Ribadeo, na tenda de ‘Vírgula’), recollida que ó parecer remata este luns.

    En fin, poden poñerse moitas cousas máis (hai unha extensa información na web, en telegram e noutros lugares) chamando a pensar sobre o tema. É cousa túa facer por enterarte ou non! Na web podes ver a proposición de lei e abondas cousas máis, como situacións que se teñen dado ou se poden dar e dan lugar a reflexión.


Unha resposta a “Cartos no peto”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *