O antroido ribadense estaba previsto que rematara o sábado. Por diferenzas coa queima, celebrada o sábado, parece que rematou uns días máis tarde, onte. Pero aínda non estou seguro de que non fose un falso remate.
Resulta que por desavenencias sobre a colocación no boneco dunha estelada disfrazada de bufanda, ACISA -o xerente- fixo chegar ós medios (segundo os propios medios, que o comunidado non está visible na súa web se non é a partir da nova que apareceu na prensa) que non estaba de acordo coa retirada da bufanda, levada a cabo despois de que o ordeara o alcalde. Agora, días despois, un comunicado conxunto de ACISA e concello (alcalde e presidente de ACISA, que aparece na web do concello) cerra o conato de enfrontamento.
Nese cerre (que entendo que non peche, con chave) hai varias cousas a destacar:
-Mantense por parte de alcalde que aquí non se quere queimar bandeiras nin polo antroido (entroido en galego normativo)
-Apúntase por parte do presidente de ACISA que rescatouse in extremis a organización do antroido xa moi tarde por parte de concello e asociación.
-O acordo é sobre seguir cooperando, non sobre polémica.
Isto coido que hai que velo en función de varias cousas que cadran fóra da polémica. Entre elas, naturalmente, a conveniencia de colaborar para ambas entidades. Pero tamén que nun par de días hai renovación de directiva de ACISA. E, querendo entrar no tema, a crítica do PP de presións por parte do concello a ACISA e a lembranza da queima do ano pasado, na que Trump levaba a enseña norteamericana ata que se foi queimando.
Coido que o debate aínda non se cerrou. Cerrouse a polémica, pero o tema dará máis voltas, impulsado pola diferente percepción simbólica que temos uns e outros sobre diferentes símbolos. E nestes días temos outra mostra, co novo conato de letra para o himno español, onde tamén están metidos os cartos polo medio (con letra, a interpretación do himno tería que pagar dereitos como canción con autor…)