Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Mexadoiro evolución: precuela


Despois da anterior entrada, ‘Mexadoiro evolución‘, decateime de que faltaban cousas revias en relación ó ‘Mexadoiro de King Kong / fonte no parque da Pza. de España’, que son as que poño agora na web.

Abril de 2007 (‘Ribadeo, Ribadeo‘):

“454000€ (máis de 75Mpts) son anunciados para a Pza. de España, contando
ademáis da obra, unha fonte luminosa, rego automático, novos bancos, e
algo que non entendo, ‘instalación de novos servizos’”

Maio de 2007 (‘Debate á vista en Ribadeo‘):

Licitación pola Xunta das obras do parque, “a Xunta licita a ‘mellora’ do parque de Ribadeo. Que irán facer esta
vez? Gastar 400000€. Reposición dos pavimentos en toda a área,
instalación do novo mobiliario urbano, unha fonte, substitución e
melloras das instalacións de servizos, rego automático no parque de San
Francisco…”

Xaneiro de 2008 (‘Un paseo polo parque‘):

A fonte ocupa o espazo que antes o cupaba o monumento ós bous da guerra, barcos de pesca armados para patrullar no cantábrico como mariña feixista. A imaxe é da desmontaxe.

Marzo 2008 (‘Cousas do concello‘):

A fonte, comezando a ser construída.

Abril 2008 (‘Pleno forzado‘):

Comezando a construción

Maio 2008 (‘Iniciativas‘):

A fonte, en construción.

Novembro 2008 (‘A política das contas‘):

Na foto, o cogollo principal da nova (daquela, polo momento futura, pois non
comezara a funcionar) fonte no campo, cunha vista sobre o decorativo
cadro de mandos tamén no mesmo parque.

Abril 2009 (‘Aldara e fotos‘):

A fonte xa funcionara uns días, e deixara de funcionar. comezaban a acumularse pedras sobre ela. e a ‘sala de máquinas’ esperando a que medre o matorral.

Xullo 2009 (‘Os trámites medioambientais avanzan ben‘):

A fonte do parque, rebosando auga.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *