Coido que a ría de Ribadeo debe ser tamén beneficiaria (estou seguro de que si o é) de toda a propaganda que está xerando o traballo de ‘Por Nuestro Faro’. A notar unha diferencia: sen un peso, o tirón é grande, mentras que Faros de España tirou de chequeira para promoción dun establecemento, non dunha zona ou unha illa.
Voltando ó tema, hoxe facía un día que algúns cualificarían de avesío. bo para aprezar outras facetas da ría, e máis en marea baixa. As fotos a continuación foron tomadas comezando a subir a marea (a marea non comeza a subir ó tempo en tódolos lugares da ría, senón que comeza pola boca e vai progresando cara ó interior, ó mesmo que ó baixar) dende o miradoiro de aves (km 376 da N-642) ata a curva sobre a praia dos bloques.
Dende o observatorio de aves, cara Asturias. Marea ben baixa.
Cara á embocadura da ría.
Banco labrado na pedra en As Aceas.
A enseada das Aceas, coa remodelación e canle do muíño de auga doce en primeiro plano.
a canle para levar auga do rego.
Os edificios dos dous muíños, branco, do rego, e en pedra, de mareas. Entre eles, a barreira para embalsar a auga á dereita da imaxe.
Aspecto da enseada das Aceas. No centro dereita, a árbore usada moitas veces por Suso Peña. Cara a esquerda estaría o vello recheo.
Charca en marea baixa no encoro de As Aceas.
Vida á saída da auga do encoro: cangrexos entre as pedras.
O foxo que deixa a auga na procura da ría.
E a vida, tamén dentro da barreira: mexilóns.
Vista xeral da parte interna da enseada.
Acehgándonos a Ribadeo, Castropol e As Figueiras ó fondo, e a corta de eucaliptus para replantación de autóctonas, presente.
Unha ría? Si, lonxe da beira… Vista cara ó interior da ría.
En pouco tempo, isto non estará así: a replantación está en marcha.
Ribadeo e as Figueiras, sen árbores no medio polo momento.
O tesón da Vilavella.
Un detalle cara a Ribadeo.
Outra vista do tesón da Vilavella entre peiraos.
A beira, limpa de vexetación.
Tesón, enseada da Vilavella, Bloques coa escollera dos ’90, Mirasol…
Mirando un pouco ara arriba, tamén no Costal están amañando a terra.
O fondo da enseada da Vilavella, co paseo de hai poucos anos.
Enseada, paseo, Costal…
Madeira a carón da auga (en chea!)
Detalle: o embarcadoiro para as embarcacións que se agochan na antiga fábrica de alxinatos, saíndo do recheo efectuado hai décadas.
Cara á saída da enseada.
Saída da enseada da Vilavella cara á beira asturiana.
Bloques e tesón da Vilavella.
Dende os Bloques á Veiga. Xa é patente que comezou a subir a marea.