Despois dunha serie de artigos de matriz local (residencia, ría, illa Pancha…) non está de máis lembrar que as eleccións supoñen unha posibilidade de cambio dentro dun abano limitado intra-institucional. É para comezar unha pequena mentalización polo quie subo esta entrada co que é parte da historia electoral da nosa circunscrición de cara ó Congreso.
O primeiro que aparece embaixo é unha táboa, e baixo dela, o gráfico correspondente, co resume de deputados galegos dende a democracia, xuntando por familias a correspondente ó actual PP e a UCD co posterior CDS. Poden observarse varias cousas, como a baixada paulatina de deputados de Galicia, pasando de 27 no primeiro mandato a 23 no último ata agora, ou os altibaixos de representación en clave dereita/esquerda, destacando entre as posibles observacións con ese patrón a continuada maioría da dereita (só no 2008 PSOE+BNG sumaron máis que os partidos de dereitas).
Nas seguintes ilustracións, presento o mesmo, pero referido só á provincia. A situación é semellante, pero máis acusada (só en 2004 e 2008 o PSOE logrou igualar, que non superar, o número de representantes dereitistas)
A táboa seguinte é un resume a nivel galego.
Só números e gráficas, do mesmo xeito que os votos ó final só son números que esgrimen os partidos para dicir que ganaron e que teñen (ou deberan ter) o poder.