Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

“rige un Estado de Derecho que es …piiiii “


Collo como título unha parte (polo tanto, sácoa de contexto) que me chamou a atención dunha frase do último post de im-pulso, sobre o xeito de comunicar as novas ós medios e a consideración destes, para repetir doutro xeito algo que leva aparecido no blog repetidas veces: a comunicación unilateral nunha sociedade na que a técnica permite a bilateralidade, para adoctrinar cun pensamento único. O fenómeno prodúcese a nivel mundial, ó que se ve polas novas, e tamén a nivel local. Non sempre, claro: ás veces, non é necesario porque o pensamento xa é maioritario de partida, outras veces non importa porque toca un tema secundario ou sobre o que se está a cambiar de posición, etc.

Sobre o tema da incidencia nos medios deste xeito de facer as cousas, fala Félix Soria mellor que o poda facer eu. Sobre a incidencia do pensamento único en casos tan diferentes como o das Torres xemelgas ou o das Catedrais, seguiremos a falar.

Imaxe da NASA dando información sobre a temperatura na península nunha ola de calor (10 de xullo de 2004). En Ribadeo non había tal ola de calor, como se pode ver, aínda que algo quentaba… (http://earthobservatory.nasa.gov/IOTD/view.php?id=4651)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *