Pasou unha semana (días laborables) dende as eleccións. Coido lembrar que todos os grupos políticos de Ribadeo levaban dun ou outro xeito unha mellora na limpeza. Pero tardan en poñerse mans á obra…
En toda a semana levo visto os mesmos carteis, cada vez máis roídos e algúns medio arrincados. Só o que agora se pode chamar ‘pequeno grupo’ de ReC cumpriu a mesma noite electoral cos poucos carteis que puxo.
E así, o corazón que incluía un cartel na noite de comezo electoral quedaba así:
É de supoñer que se irán sacando ó longo desta semana…