Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Á porta do concello de Ribadeo


    O título de hoxe pode referirse a varias cousas que andas estes días en marcha.    De xeito breve:
    * As pintadas mesmo na estatua do Marqués de Sargadelos. sinxelamente, máis aló do incivismo e outras consideracións, coido que a estatua do Marqués representa mellor o que é sen pintadas, co xesto de despedida que o caracteriza.
    * O pleno de hoxe. A modo de lembranza, hoxe preténdese votar o PXOM entre outros temas que por fin parecen ter algo de importancia para ser publicados na páxina web do concello a dous días do pleno, aínda que sexa de xeito anunciativo e non enunciativo (ou sexa, con compoñente de propaganda).
    * O presentarse ou non ás eleccións de Podemos. O xornal trae que na Mariña si, pero se se lee un pouco máis embaixo, nótase que se refire a Burela. En Ribadeo, Podemos ten dado o seu apoio á Plataforma Cidadá…

    Dan moito que desenvolver as tres cousas, haberá que tratalas pouco a pouco.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *