Ribadeo hai pouco que pasou de 10 000 habitantes. En principio, segundo a normativa actual, pasaría de ter 13 concelleiros a 17 nas próximas eleccións. Agora, coa perspectiva dunha nova normativa, pode quedarse en 5.
Voltando sobre as eleccións 2011, cabe facer un pequeno cálculo de que pasaría en ambos casos, cos votos que tivo cada partido no seu momento, mesmo sen preocuparse polas porcentaxes de participación, porcentaxes de votos sobre o censo e creación do escano vacío correspondente, inadecuación entre porcentaxes de votos e de escanos, etc, que marcarían diferenzas que poderían ser maiores en algún sentido que as que pode dispor o cambio de normativa que se prantexa (e que non é pequeno, ademáis do que poño a continuación, como sae hoxe mesmo no xornal a conto do soldo dos alcaldes).
Abaixo quedan:
1. A distribución actual e o cálculo de concelleiros polo método D’Hondt (fondo amarelo as fraccións con representación, branco a primeira fracción sen representación de cada partido).
2. A distribución cos mesmos votos e 17 concellerios a elixir, poñendo en fondo máis escuro a distribución dos novos electos. Esta distribución remataría coa maioría absoluta do BNG.
3. A distribución cos mesmos votos e a proposta de 5 concelleiros, poñendo igualmente en fondo amarelo as fraccións que resultarían xeradoras de escano. Neste caso, quedarían sen cadeira UPRi e PSOE, e o reparto sería moi sinxelo: BNG 3, PP 2.
Máis abaixo a distribución gráfica que da as porcentaxes de escanos de cada partido en cada un dos tres casos.
Con iso, máis os datos de abstención, brancos e nulos, vese que o mapa electoral está configurado máis polas normas que polos votos …