Evidentemente, corresponde a un determinado partido político, pero collín a foto non polo partido, senón porque é unha alegoría xeral: o cartel estaba roto xa antes das eleccións debido ó mal tempo de días anteriores. A imaxe á beira non importa: no cartel, illado e por riba da xente e da terra, Galicia está carcomida e o que decide nin se ve, quedando nun sinxelo ‘ide’ que non se sabe ben si é a votar ou fóra de aquí, porque non hai futuro.