As novas pola nosa bisbarra están centradas agora mesmo máis que na campaña electoral, no emprego: Cemar non pecha en Ribadeo de momento, despois de anunciar os xornais que si o ía facer. Gondán bota un novo buque, irmán doutros anteriores, e mantén a esperanza dunha industria forte na ría. Alcoa respira. En Foz, tamén hai novas semellantes. Mesmo en Ribadeo volta a repetirse que o polígono promete emprego. Por suposto, hai outras novas non tan boas, ou de perfil totalmente diferente ó económico, mais parece que cara á fin de campaña as boas novas teñen un repunte, incluído a baixa da prima de risco e a suba da bolsa. Outras, en cambio, póñense como anécdota, aínda que sexa dolorosa. aí está, sen ir máis lonxe, a asignación da defensa do xefe de máquinas do Prestige, 455€ en 10 meses, quedando no sorriso e non chegando ó que representa en xustiza.
Mentras, nalgures, fóra (de Galicia e de España), pode existir crise, quizáis non como a que se respira por aquí, pero crise, e mais estáse a pensar en construír unha sociedade agora mesmo. Aí está a iniciativa nulpunt, da que me entero a traverso do blogue de Enrique Dans, e que representa unha transparencia institucional que aquí se nega a tódolos niveis administrativos e que é básica para unha participación en democracia que aquí tamén, de xeito efectivo, se nega. O único partido que saiba que pon como punto primordial a participación efectiva da cidadanía no seu destino non logra nin facer listas nas catro provincias galegas. Sirva ista entrada para facer a campaña do Partido Pirata. Porque non se trata dun partido, senón de nós. A falta de poder votar na provincia a Piratas.gal, a cal votar, se votar? Atención: o resultado sabemos que non se verá ata … fai falta ter paciencia … e lembrarlle ós electos que temos paciencia, pero tamén algo máis.
Esquecíame: o resultado, para … … teño que marchar!
O vídeo, en English …