Só son 5 gráficos, collendo os datos das pasadas eleccións autonómicas (2009). Poden parecer semellantes, pero veremos a continuación que expresan diferenzas notables. En particular, porque as cores non teñen a mesma asignación nuns e nos outros …
Por partes:
Gráfica 1.
Normalmente, en Galicia, falando de partidos, sóese falar do ‘3 grandes’ e o resto. Collín os 4 con máis votos para facer a representación da porcentaxe da tarta obtida entre eles; é dicir, só cos seus votos, sen cotnar brancos, nulos, abstención ou votos a outros partidos. O máis destacable é que o PP non ten maioría absoluta nin aínda contando só as partes anteditas dos electores, aínda que se achega.
Gráfica 2:
Parella á anterior, pero aquí cóntanse os votos a outros partidos (non abstención, brancos ou nulos). A suma PSOE+BNG alónxase do 50% que estaba ó alcande da man na gráfica 1.
Gráfica 3:
Os escanos obtidos. A maioría absoluta do PP déixase ver.
Gráfica 4:
Os resultados anteriores son considerando os votos obtidos en toda Galicia, como se fora unha circunscripción única, e sen límite inferior de votos para obter escano. A diferencia fundamental é que coa entrada de UPyD, o PP perde a maioría absoluta.
Gráfica 5:
A última gráfica representa os escanos considerando a abstención como un partido máis, circunscrición a circunscrición. Unha alinaza PP+PSOE podía facerse coa maioría absoluta da cámara…
Unha gráfica máis non incluída nas anteriores:
Gráfica 6:
É parella a anterior, cunha soa circunscrición, e na que se ve que o BNG gana peso, mentras o PP pérdeo …
Por esta, non van os cálculos coa reducción de escanos que foi proposta. Queda tempo antes das eleccións de facer novos cálculos. Pero o importante non son os cálculos, senón as consecuencias. E vese claramente a importancia fundamental da abstención (que se di aumentará esta volta), como para pretender que é un apoio ó goberno, ou que quen se abstén lle está a facer o xogo ó PP (dous xeitos de mirar cunha idea única, dende dous puntos de vista …)
Ademáis, vese a importancia doutras cousas, como a distribución de circunscricións, por poñer un caso.
Só dicir: continuará.