De cara ó fin de semana pasado, desenvoltouse en Ribadeo a polémica da non aceptación da alcaldesa de alicante, Sonia Castedo, en petición de desaforo para imputación nun caso de corrupción urbanística, como pregoeira das festas. Isto tivo como consecuencia ó par de días, a demisión do presidente da comisión de festas, unha entidade nestes momentos independente do concello, que nun primeiro momento acatou non estando de acordo e aclarando que o concello non tiña moito que dicir nunha entidade independente, pero que acataban porque o concello colaboraba en todo.
Coido que o anterior é o resume do sucedido, ata onde se pode saber polos xornais deses días.
O compartamento de ambos portagonistas, o alcalde eo presidente da comisión de festas, independentemente de que poda estar de acordo con oun, co outro ou con ningún dos dous, coido que foi …
no caso do alcalde, consecuente coas súas ideas (suponse). Non sei de de modales exquisitos ou falto de modales, como achaca o presidente.
no caso do presidente, consecuente coa súa amizade (é o que di, non fala das súas ideas). Non sei por que se retraosu na demisión, pero podo entender que por exemplo, quixera deixar algúns detalles solucionados antes de demitir.
É dicir, en ambos casos, tal e como o entendo, houbo unha consecuencia. E en ningún dos dous se tivo en conta o cumprimento expreso de ningunha lei. Non obstante, se consideramos a extensión de actitudes tales a nivel nacional, e en política (neste caso o presidente non ocupa un cargo diretamente político), atopámonos co panorama que temos na actualidade: a defensa de amizade e corporativismo por riba de legalidade. Pode que o de Ribadeo sexa unha pequenez, un sinxelo cabreo innecesario, … segundo como se mire, pero se se segue, despois atopamos a nivel estatal o que atopamos.
E mentras, por Ángel Alda mediante a rede (e non polos xornais) estou ó tanto do que pasa nas xornadas madrileñas, onde onte os policías sacaron os cascos e puxeron no seu lugar as gorras, o que foi aplaudido e interpretado como garantía de non agresión. Ou onde, segundo Ángel: “Muy grandes los bomberos. Dispuestos a acampar en las cercanías del congreso de los diputados. Esta pasando ahora mismo….doce de la noche del domingo. Según la delegada Cifuentes esto nunca se iba a consentir. Veremos lo que pasa.”
Pois iso, seguiremos vendo o que pasa. Pero lembrando que interveñamos de xeito direto e consciente ou non, sempre estamos aportando o noso gran de area a un ou outro montón, e é cousa de elixir a que montón se aporta.