Remato de escoitar hai un pouco na radio sobre unha magnífica crema feita con veleno de serpe, para o cute, importada direitamente de Los Ángeles, onde parece ser que a usan as estrelas da pantalla con magníficos resultados, non hai outra igual en toda Europa (non di se hai competencia noutros lugares do mundo), e por riba, rebaixada! Si, si, se mercas unha fanche unha pequena rebaixa, pero se mercas dúas a rebaixa é maior e aínda regalan a terceira, e vale menos que unha soa sen a crema… chama xa!
Pasado medio camiño entre eleccións e constitución de plenos, as rebaixas de tódolos niveis, clases e cores están comezando a sucederse nos concellos veciños: con botar unha ollada ós xornais abonda para comprobalo.
En Ribadeo, sen necesidade de pactos, a cousa está abondo máis tranquila, non hai rebaixas nos tratos interpartidos, pero quizáis si de xeito interno. Seguindo a tónica dende xa antes das eleccións, os partidos van saíndo de si en orde de votantes. Despois das declaracións iniciais do BNG, o PP reconfirmou a súa estrutura previa, da que (me) parecía que non estaban moi conformes polos resultados obtidos, segundo os comentario na prensa. O seguinte en votos, UPRi, despois de sembrar a dúbida sobre a adicación ó concello do cabeza de lista durante todo este tempo, por fin hoxe sae desmentido que teña en vista irse con cargo á ‘Asturias de Cascos’. O por que tardou tanto o desmentido nonsei se se saberá, pdeo despois do movemento de hai un ano no que estaba anunciada a súa asunción dun posto na Xunta, o retraso neste segundo anuncio negativa de marcha coido que non lle fixo ningún ben. E o último en votos PSOE) tamén é o último en decidirse: a margarida está sen rematar de desfollar, polo que parece. Ista semana que ven terá que ser.
Mentras os embigos de cada quen seguen no punto de mira, hai anos que, por poñer un exemplo, a ría de Ribadeo segue a ser ‘río de Ribambo’ para Google (por certo, en Trabada). Menos mal que ‘Obeso’ adelgazou ata converterse de novo en Obe ou Ove, segundo a escala na que se esteña a mirar…
Esta tarde, concentración 15M na Caridade a partires das 17:00 …
Para rematar, corto e pego dende o facebook de Gonzalo Peña Ares, referido ás eleccións municipais:
Votos obtidos polo PP: 8.474.031
Votos obtidos por outros partidos: 13.519.956
Votos nulos ou en branco: 973.518
Abstencións: 11.710.762
É dicir, grazas á vixente Lei Electoral, o PP gobernará en prácticamente toda España (case sempre con maioría absoluta) cun total de 8.474.031 votos (24%) fronte a 26.204.236 que non os votaron (76%).